La Bien Querida
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ana Fernández-Villaverde 10 de novembro de 1973 (51 anos) Bilbao, España |
Outros nomes | La Bien Querida |
Actividade | |
Ocupación | cantautora, música |
Período de tempo | Século XXI |
Período de actividade | 2009 - |
Xénero artístico | Indie rock |
Instrumento | Guitarra acústica |
Selo discográfico | Elefant Records (en) |
Ana Fernández-Villaverde, nada en Bilbao (Biscaia) o 06 de novembro de 1972, é unha cantante vasca, máis coñecida polo seu nome artístico La Bien Querida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dedicada inicialmente á pintura, en 2007 comezou a súa traxectoria no mundo da música animada por Juan Ramón Rodríguez "Jota", líder do grupo musical Los Planetas. Nese ano gravou a súa primeira maqueta apoiada por Horacio Nistal, que resultou elixida mellor maqueta do ano pola revista Mondosonoro.
En 2008 realiza varias actuacións apoiada polo grupo de Antonio Luque, Sr. Chinarro, e fichou polo selo discográfico Elefant Records. En 2009 publicou o seu álbum debut Romancero, producido por David Rodríguez (líder das bandas Beef e La Estrella de David), que recolle as sete cancións da maqueta máis cinco novas. Romancero foi elixido mellor disco nacional de 2009 polas revistas Mondosonoro[1] e Rockdelux.[2]
O 7 de marzo de 2011 publicouse a edición dixital do seu segundo álbum, Fiesta, editándose o CD o 22 de marzo.[3] Nel destacan os singles "Hoy" e "Noviembre", e máis escondida a peza "Monte de piedad".
En novembro de 2012 editouse Ceremonia, o seu terceiro álbum de estudio, precedido polas sinxelo "Arenas movedizas". A nota de prensa de presentación definía o disco como "máis escuro e electrónico terminando nalgúns momentos nunha auténtica sinfonía de ruídos infinitos, fríos e penetrantes".[4] Este son reflíctese en cancións como "Arenas movedizas", "A veces ni eso", ou "Aurora", nas que como ao longo de todo o disco, desaparece algo da anterior frescura, dando paso aos sintetizadores, que xeran novas atmosferas. O disco, gravado tamén con Elefant Records, é mesturado por Sergio Pérez (Pegasvs/Svper), e masterizado por Yves Roussel.
Entre finais de 2014 e principios de 2015 Ana e David van publicando os Maxi-Singles Premeditación, Nocturnidad e Alevosía. Este peculiar formato aglutínase finalmente no seu cuarto LP, publicado o 6 de marzo de 2015, de novo con Elefant Records.
Cada un dos EPs ten un sinxelo: "Poderes extraños", "Ojalá estuvieses muerto" e "Muero de amor", que xunto ao resto de temas da triloxía, fai mesturarse entre epicidad e sintetizadores a New Order, OMD ou Depeche Mode con palmas flamencas, atmosferas de Los Planetas, ou mesmo con Franco Battiato como en "Música contemporánea", de novo coa man de Sergio Pérez ás mesturas e o masterizado de Yves Roussel.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Romancero (Elefant Records, 2009). Producido por David Rodríguez. Coa colaboración da Orquestra Arab de Barcelona e Joe Crepúsculo. Rodáronse vídeos musicais das cancións De momento abril (dirixido por Lles Nouveaux Auteurs), 9.6 (dirixido por Luís Cerveró) e Corpus Christi (dirixido por Nadia Mata Portillo).
- Fiesta (Elefant Records, 2011). Producido por David Rodríguez. Rodouse un vídeo musical da canción Hoy (dirixido por CANADA).
- Ceremonia (Elefant Records, 2012)
- Premeditación, nocturnidad y alevosía (Elefant Records, 2015; recompilación do tres Maxi-Singles 12" Premeditación, Nocturnidad e Alevosía)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os cen mellores discos da década
- ↑ ""Rockdelux reivindica ‘Yes’". Jenesaispop.com.
- ↑ "La Bien Querida publicará su nuevo disco llamado Fiesta el próximo 7 de marzo". DOD Magazine.
- ↑ "La Bien Querida confirma ‘Ceremonia’ y ‘Arenas movedizas’". Jenesaispop.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Bien Querida en Myspace.
- La Bien Querida Arquivado 12 de abril de 2018 en Wayback Machine. en Elefant Records.