La Bullonera
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2022.) |
La Bullonera | |
---|---|
La Bullonera en concerto (1978) | |
Orixe | Aragón, España |
Período | anos setenta |
Xénero(s) | canción protesta |
Membros | Eduardo Paz Javier Mestre |
Na rede | |
La Bullonera é un dúo de música aragonesa, moi activo nos anos setenta. Destacaba facendo canción protesta e versións do folclore, con letras cheas de ironía. O seu nome inicial era Vientos del Pueblo, pero despois de varios cambios na formación, quedou formada baixo o nome aragonés de La Bullonera e composto por Javier Mestre e Eduardo Paz.
O 6 de marzo de 1973 participaron na 1ª Semana cultural aragonesa, xunto a outros artistas como Tomás Bosque, Labordeta ou Joaquín Carbonell. O 9 de maio de 1976 representaron a Aragón xunto con Labordeta no Festival dos Pobos Ibéricos.
Despois do seu álbum Punto de 1980 separáronse, aínda que se reuniron varias veces para actuaciónes ocasionais.