La Concordia (Monforte de Lemos)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Concordia.
La Concordia | |
---|---|
Localidade | Monforte de Lemos |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Concordia foi un semanario editado en Monforte de Lemos entre 1902 e 1903.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario defensor de los intereses locales, apareceu en maio de 1902.[1] Dirixido por Ramón Álvarez García, o redactor e administrador era José Ramón Lence. Publicaba información local, pero tamén de fora da bisbarra e sobre todo de ultramar; dedicaba moito espazo ás notas de sociedade. Contiña as seccións La Semana, Croniquilla, Del Consistorio e Anuncios Telegráficos. Trala morte do seu director en xaneiro de 1903, cesou a súa publicación en febreiro dese ano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Norte de Galicia, 6-5-1902, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. p. 100. ISBN 84-8192-024-X.
- Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 217–218. ISBN 84-8192-110-6.