Ramón Álvarez García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de agosto de 1870 Monforte de Lemos, España |
Morte | 19 de xaneiro de 1903 (32 anos) Monforte de Lemos, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Ramón Álvarez García, nado en Monforte de Lemos o 31 de agosto de 1870 e finado na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1903, foi un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou nos Escolapios, pero tivo que deixar os estudos polo falecemento do seu pai. Converteuse en procurador en Monforte. Afeccionado á música, foi presidente da Sociedad de Declamación y Canto Recreo Juvenil de Artesanos (1893) e despois do Orfeón Eco Monfortino. Colaborou en El Eco de Lemos e fundou e dirixiu os periódicos El Porvenir de Monforte e La Concordia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baamonde, Miguel Ángel (1994). Medio siglo de periodismo monfortino. Lugo: Deputación Provincial. p. 118. ISBN 84-8192-024-X.