La Defensa (Mondoñedo)
La Defensa | |
---|---|
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Mondoñedo |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Defensa foi un periódico editado en Mondoñedo entre 1906 e 1909.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario tradicionalista, apareceu o 17 de decembro de 1906. Fundado e dirixido por Enrique Costas Márquez, arcipreste da catedral mindoniense, figuraba como redactor xefe o avogado santiagués Carolino Costas Márquez, irmán do director. Entre os seus colaboradores estaban Vicente Saavedra Pardo (profesor do seminario e deán da catedral), Marcelino García González (arquiveiro) e o seminarista Francisco Fanego Losada. Hebdomadario de propaganda carlista e contidos relixiosos, aberto ao movemento agrarista católico e a Solidaridad Gallega. Publicou artigos sobre a mellora do agro, o progreso agronómico e colaboracións de carácter relixioso, como a Biografía de San Rosendo de Antonio López Ferreiro. Recuperou os discursos pronunciados pola Juventud Carlista de Mondoñedo e reproduciu creacións poéticas e prosaicas de Lambda, Ormán, Vicente Saavedra e Gacira. Só esporadicamente publicou algún poema en galego. Cesou a súa edición o 17 de xuño de 1909, e foi substituída por La Semana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Defensa, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Mayán Fernández, Francisco (2005). "Defensa, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.