Saltar ao contido

La Di Da Di

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Di Da Di
Álbum de Battles
Publicado18 de setembro de 2015
Gravación2014
Estudio(s)Machines with Magnets en Pawtucket, Rhode Island
Duración49:13
Xénero(s)rock experimental, math rock, rock instrumental
Selo(s)Warp Records
ProdutorBattles, Keith Souza, Seth Manchester
Cronoloxía
Dross Glop
(2012)
La Di Da Di Juice B Crypts
(2019)
editar datos en Wikidata ]

La Di Da Di é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock experimental Battles, publicado o 18 de setembro de 2015 a través do selo Warp Records.[1] É o último álbum da banda co guitarrista e baixista Dave Konopka, que marchou en 2018.

Gravación

[editar | editar a fonte]

La Di Da Di é o único álbum de Battles sen voces. O guitarrista Dave Konopka dixo: "Para min, as voces son como r¡ese cuarto instrumento que é totalmente insignificante nunha banda como Battles porque non temos nada que dicir e dos tres ningún de nós é realmente capaz de cantar. A decisión de non ter voces é máis unha decisión autosuficiente e funcional que calquera cousa. Encántanme moitas bandas con voz, non me entendades mal. Cando se aplica a nós e á composición química de Battles é simplemente inexplicable".[2]

Recepción da crítica

[editar | editar a fonte]

La Di Da Di tivo recensións na súa maioría positivas dos críticos de música no momento do seu lanzamento. En Metacritic, que asigna unha valoración normalizada de 100 ás recensións dos principais críticos, o álbum conseguiu unha puntuación de 73 baseándose en 30 críticas, o que indica "críticas xeralmente favorables".[3]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Battles. 

N.º Título Duración
1. "The Yabba"   6:49
2. "Dot Net"   2:59
3. "FF Bada"   4:25
4. "Summer Simmer"   5:49
5. "Cacio e Pepe"   2:41
6. "Non-Violence"   3:44
7. "Dot Com"   4:19
8. "Tyne Wear"   1:50
9. "Tricentennial"   2:56
10. "Megatouch"   5:23
11. "Flora > Fauna"   1:26
12. "Luu Le"   6:52
Canción extra na edición xaponesa
N.º Título Duración
13. "FFA Reprise"   2:05
51:18
  1. Warp Records (ed.). "La Di Da Di - Battles". Consultado o 2 de abril de 2017. 
  2. Duguay, Rob (2015-09-30). "Interview: Battles' Dave Konopka on Boston's '90s scene, Machines With Magnets, and rendering vocals insignificant". Vanyaland (en inglés). Consultado o 2025-01-23. 
  3. "La Di Da Di by Battles" (en inglés). Consultado o 2025-01-23.