La Llorona (filme de 2019)
La Llorona | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La Llorona |
Director | Jayro Bustamante |
Produtor | Jayro Bustamante |
Guión | Jayro Bustamante |
Intérpretes | María Mercedes Coroy |
Música | Pascual Reyes |
Montaxe | Jayro Bustamante |
Estrea | Festival de Venecia: 30 de agosto de 2019 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Terror |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
La Llorona é un filme guatemalteco de 2019 dirixido por Jayro Bustamante.[1][2] La Llorona estreouse internacionalmente o 30 de agosto de 2019 no Festival Internacional de Cinema de Venecia (Giornate degli Autori),[3] e posteriormente na sección de Cinema Mundial Contemporáneo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2019.[1][4] Foi escollido como candidato de Guatemala para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[5] chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.[6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O xeneral Enrique Monteverde afronta un xuízo por crimes conta a humanidade por un xenocidio contra civís maias do cal foi responsábel décadas atrás, ocorrido nas zonas rurais de Guatemala. Aínda que nun principio é condenado, o procedemento é declarado nulo e a sentenza queda sen efecto. De volta na súa casa xunto coa súa familia, e no medio das protestas de quen está desconforme co resultado do xuízo, o home comeza a escoitar durante as noites o pranto dunha muller e a experimentar algúns acontecementos sobrenaturais. O seu xeito errático de actuar asusta os empregados da casa, que deciden renunciar, o cal provoca a chegada dunha misteriosa rapaza chamada Alma para traballar como serva.[7][8]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- María Mercedes Coroy como Alma
- Sabrina De La Hoz como Natalia
- Margarita Kenéfic como Carmen
- Julio Díaz como Enrique Monteverde
- María Telón como Valeriana
- Juan Pablo Olyslager como Letona
- Ayla-Elea Hurtado como Sara
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "La Llorona". Festival Internacional de Cinema de Toronto (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2019. Consultado o 18 de febreiro de 2021.
- ↑ "The Weeping Woman". Cineuropa. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2019.
- ↑ "LA LLORONA". Giornate degli Autori (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2020.
- ↑ Fleming Jr., Mike (13 de agosto de 2019). "Toronto Adds The Aeronauts, Mosul, Seberg, & More To Festival Slate". Deadline. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2019.
- ↑ Hipes, Patrick (6 de novembro de 2020). "Guatemala Submits Horror Pic 'La Llorona' For International Oscar Race". Deadline. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2020.
- ↑ Davis, Clayton (9 de febreiro de 2021). "Oscars Shortlists Announced in Nine Categories". Variety. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de febreiro de 2021.
- ↑ "Crítica: La Llorona". Cineuropa. 2 de setembro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2021.
- ↑ "La llorona, de Jayro Bustamante". Literal Magazine. 19 de agosto de 2020. Consultado o 14 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Guatemala propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Llorona na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)