Saltar ao contido

La Monarquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Monarquía

Editar o valor en Wikidata
Fundación1886
Lingualingua castelá
LocalidadeFerrol
Na rede
Galiciana: 580365
editar datos en Wikidata ]

La Monarquía foi un periódico editado en Ferrol entre 1886 e 1896.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario político, apareceu en 1886. Dirixido por Eduardo Varela, Wenceslao Veiga Gadea, Santiago Román Prieto (dende o 23 de xaneiro de 1888),[1] novamente Wenceslao Veiga (dende maio de 1888 ata xaneiro de 1893),[2][3] Faustino Salanova, Vicente Carnota Pérez e José Lapique Adrio (1896).[4] De tendencia monárquica e conservadora, estivo vinculado a Nicasio Pérez López. Entre os seus colaboradores figuraban Lorenzo Gómez Quintero, Emilio Butrón, capitán de fragata que asinaba co pseudónimo de Fulano de Tal, e os oficiais do corpo xeral da Armada Ignacio Fernández Flórez e Joaquín de Arévalo Otero. Tivo unha segunda época a partir de 1897, na que foi propiedade de Ricardo Pita.[5]

  1. La Monarquía, 23-1-1888, p. 3.
  2. La Monarquía, 7-5-1888, p. 3.
  3. El Correo Gallego, 3-1-1893, p. 3.
  4. El Correo Gallego, 29-4-1896, p. 1.
  5. El Lucense, 20-9-1897, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]