Saltar ao contido

Wenceslao Veiga Gadea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWenceslao Veiga Gadea

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1853 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de xullo de 1916 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 63949 BUSC: veiga-wenceslao-m-1916

Wenceslao Francisco Veiga Gadea, nado en Ferrol o 5 de febreiro de 1853 e finado en Barcelona o 24 de xullo de 1916, foi un xornalista, escritor e músico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a carreira de sacerdote en Ferrol. Abandonou os estudos para seguir ao seu pai destinado en San Vicente de la Barquera. Foi nomeado secretario do concello de Comillas. Permaneu no posto ata 1880, cando retornou a Ferrol para ser redactor de El Correo Gallego.[1] Foi nomeado director da Estafeta de Correos de Ferrol en 1890,[2] e secretario de sanidade do porto de Ferrol en 1899.[3]

Autor teatral e poeta, foi autor de varios apropósitos carnavalescos. Como xornalista dirixiu El Criticón, Agua Va, La Monarquía,[4] El Clamor Público, Diario Ferrolano e El Otro, onde publicou poemas co pseudónimo B. Iga. Tamén colaborou en La Pequeña Patria, Extracto de Literatura, El Eco de Galicia de Buenos Aires e Galicia, Pro-Galicia e Suevia da Habana.

En xaneiro de 1905 marchou coa familia a Barcelona;[5] ao servizo do marqués de Comillas, ocupou o posto de xefe de contabilidade da Sociedad Hullera Española. Desde Barcelona enviou crónicas e artigos a El Correo Gallego. Finou en Barcelona o 24 de xullo de 1916.[6]

  • Ya apareció aquello, 1883.[7]
  • Ferrol a vista de pájaro.
  • Calles y Quillas.[8]
  • Antes, ahora y despues, 1891.
  • Lo que salga.
  • Ferrol en caricatura, 1902.[9]
  • El Ministro en Ferrol, 1904.
  • Treinta sonetos, 1903.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Telesfora Sánchez, que finou en Barcelona a principios de xaneiro de 1914,[10] e foi pai de sete fillos.

  1. El Correo Gallego, 18-1-1883, p. 2.
  2. El Regional, 22-12-1890, p. 1.
  3. El Correo Gallego, 23-9-1899, p. 2.
  4. La Monarquía, 25-4-1887, p. 2.
  5. El Correo Gallego, 23-1-1905, p. 2.
  6. El Correo Gallego, 26-7-1916, p. 1.
  7. El Correo Gallego, 8-2-1883, p. 2.
  8. La Monarquía , 26-3-1888, p. 2.
  9. El Correo Gallego, 13-2-1902, p. 2.
  10. La Correspondencia Gallega, 3-1-1914, p. 3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Masdias, Manuel (30-8-1942). "Un gran poeta ferrolano: Wenceslao Veiga". El Correo Gallego: 3. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]