Saltar ao contido

La Principal de la Bisbal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Principal de la Bisbal
TipoCobla
PremiosCreu de Sant Jordi
EnLa Bisbal d'Empordà
PaísEspaña
Na rede
http://laprincipaldelabisbal.com
IMDB: nm3745073 Musicbrainz: ccbe0dbf-a48e-4cd7-88b1-29fcb490ba59 Discogs: 1231940 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

La Principal de la Bisbal é unha cobla de sardanas fundada en 1888 polos membros da Cobla Vella da poboación de La Bisbal d'Empordà.[1] O ano 1932 foi escollida a cobla oficial da Generalitat de Cataluña, título que lle foi restituído en 1978 polo presidente Josep Tarradellas. En 2014, recibiu o premio Nacional de Cultura.[2]

Contexto histórico

[editar | editar a fonte]

O nacemento da Principal de la Bisbal coincide coa época en que a sardana comeza a espallarse por Cataluña. Facían trece anos da morte de Pep Ventura, catro da aparición en Torroella de Montgrí de Els Montgrins e faltaban dúas para o nacemento da Principal de Peralada. A sardana comezara un proceso de evolución e expansión que lle permitiu estenderse dende as terras de Xirona cara ó resto de Cataluña.[3]

Nacemento

[editar | editar a fonte]

La Principal de la Bisbal fundouse o 22 de marzo de 1988 froito da competencia entre as conlas Vella e Nova de la Bisbal e o interese da primeira en organizar unha nova orquestra para afrontar o progreso experimentado pola música en xeral e, especialmente, na mellora das orquestras empordanesas. Este progreso baseábase no paso das coblas de tres quartans á cobla moderna, formada primeiro por dez instrumentistas e, pouco despois, por once. As de tres quartans denominábanse así porque estaban formadas só por tres músicos: un tocaba o flabiol e o tamboril, outro a tarota e o último a cornamusa.

Os músicos que formaron parte da primeira etapa da Principal de la Bisbal xurdiron da escola do compositor e musicólogo Joan Carreras i Dagàs. De feito, non se entendería o seu nacemento sen ter presente o traballo dos anos anteriores de Carreras e da súa Escola de Música na Bisbal. Carreras, que era de Xirona e estivera traballando en Barcelona e en Francia, seguramente foi á Bisbal pola súa amizade con Joaquim Galí, bisbalense apotecario, e Melcior de Ferrer, un compositor moi coñecido na época.

Joaquim Galí era tamén o vicepresidente da sociedade construtora do Tren Pequeno (Palamós-Xirona). Sen este tren, a cobla non tería tomado o voo que tivo porque non podería desprazarse cunha certa rapidez e comodidade a moitos dos lugares onde a alugaban. Isto explica tamén que ningún dos músicos que a fundaron nacese na Bisbal, malia que a maioría acabaron vivindo, influenciando tamén que máis dun deles acabase estudando na Escola de Música de Carreras i Dagàs. Este é o caso de Robert Mercader i Sureda, flabiolario fillo de Celrà e primeiro director da Principal até 1891, cando se reformou o persoal. Mercader proviña da Vella e morreu en Buenos Aires en 1937.

En 1902, a Principal participou no concurso de coblas de Barcelona e gañou o primeiro premio, ex-aequo coa Principal de Peralada.

Esplendor

[editar | editar a fonte]

A maioría de idade da cobla La Principal de la Bisbal, o inicio da súa gran puxanza, produciuse coa chegada, a comezos do século XX, de varios compoñentes da cobla de Palau-sator: os Saló e os seus familiares achegados, os Barnosell.

En 1935, foi nomeado director Conrad Saló i Ramell, o centenario do nacemento do cal se celebrou hai pouco. Exerceu o cargo até 1990 e foi considerado o director de cobla máis capacitado e rigoroso.

A baixa de Ferran Rigau en 1950 propiciou que á copla se incorporase Ricard Viladesau, da cal formaría parte até 1970. Viladesau foi o solista indiscutido da tenora, nun momento onde tamén coincidiu con "Moreno" (Josep Puig) ó fiscornio e Àngel Pont no tible. Cando La Bisbal tiña formación de orquestra, en Viladesau tocaba o saxofón, a viola e o violín, e naquel momento era considerado o mellor tenor de Cataluña, o único quen de interpretar determinadas obrigadas, como a súa propia composición Sa Roncadora.

En 1988, na conmemoración do centenario da cobla, a entidade recibiu moitas homenaxes, destacando os actos do centenario en La Bisbal e os concertos no Gran Teatro do Liceo (29 de outubro), no Palacio da Música Catalá, na Abadía de Montserrat e no Palacio da Generalitat de Cataluña, onde lle foi entregada a prestixiosa Creu de Sant Jordi.[4]

Músicos máis relevantes

[editar | editar a fonte]

As figuras máis senlleiras da historia da cobla formaron parte nun momento ou outro da súa traxectoria artística. Cómpre nomear os tenores Josep Gispert, Albert Martí, Ramon Rosell, Josep Coll, Ferran Rigau e Ricard Viladesau; os tibles Enric Barnosell, Àngel Pont e Joan Parara; os trompetistas Pere Pruñunosa, Francesc Capellas e Joan Sadurní; os fiscorniarios Tomàs Garcia, Lliberat Juanals, Josep Puig "Moreno" e Josep Riumalló; os contrabaixistas Fèlix Horcajo, Emili Salón e Josep Vallespí, entre outros.

Algúns directores da Principal de la Bisbal foron os mestres Robert Mercader, Josep Canet, Josep Maria Soler, Josep Saló, Genís Canet, Conrad Saló, Josep Cassú, Josep Maria Surrell e o fillo de Josep Cassú, Francesc Cassú.[5]

  1. "Cobla La Principal de la Bisbal". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  2. "El Sónar, Pepa Plana, Joan Massagué, Jaume Vallcorba i Pagès Jordà, Premis Nacionals de Cultura". 
  3. Formacions musicals de Catalunya. "La Principal de Peralada" (en catalán). Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  4. Montsalvatge, Sala (29 de outubro de 2016). "Cobla Principal de La Bisbal. Concert tradicional de Fires de Sant Narcís" (en catalán). Consultado o 2 de febreiro de 2017. 
  5. "Directors". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 06 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]