La Raza (Pontevedra)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La Raza.
La Raza | |
---|---|
Fundación | 1917 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Raza foi un periódico editado en Pontevedra entre 1917 e 1920.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario, apareceu o 9 de decembro de 1917. Dende o número 53, de decembro de 1918, engadiu no subtítulo os lemas Sinceridad e Juventud. Inicialmente saía os domingos pero no último ano pasou a publicarse os días 1, 10 e 20 de cada mes. Propiedade de Modesto Bará Álvarez, estaba dirixido por Ramón Salgado Pérez. Tiña un contido agrario e anticaciquil, destacando os seus ataques á política de Raimundo Riestra Calderón, e apenas lle dedicou espazo á creación literaria (publicou algúns poemas de Xoán Vidal Martínez e Antonio Estévez Cao). O último exemplar que se conserva é do 15 de xuño de 1920.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Raza, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.