Saltar ao contido

Xoán Vidal Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Vidal Martínez

Retrato en Vida Gallega, 1927. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1904 Editar o valor en Wikidata
Salcedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1994 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, poeta Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAurora Vidal Caramés Editar o valor en Wikidata
IrmánsAurora Vidal Martínez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1165203 BUSC: vidal-martinez-juan-1904-1994

Xoán Vidal Martínez, nado na parroquia de Salcedo (Pontevedra) o 29 de marzo de 1904 e finado na mesma vila o 19 de xuño de 1994, foi un mestre e poeta galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Vidal Lino, estudou para mestre e traballou a prol do ensino en galego con Antón Iglesias Vilarelle. Foi fundador, xunto con Castelao e outros, do Partido Galeguista de Pontevedra, do que chegou a ser presidente. Máis adiante, o partido integrouse no Partido Galeguista.

Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi represaliado, e abandonou a poesía para dedicarse ao seu traballo como mestre. En 1946 asentouse coa súa dona en Ares e foi mestre da Alianza Aresana (1946-1969). En 1969 marchou ás Illas Canarias e exerceu no Colexio Ramón y Cajal de Santa Cruz de Tenerife, no que se xubilou aos 65 anos.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Era irmán da tamén poeta Aurora Vidal Martínez. Casou en Poio en 1933 coa mestra Aurora Caramés Monteagudo, filla de José María Caramés Durán.[1] Tiveron tres fillos e cinco fillas, entre elas as tamén escritoras Aurora e Clementina Vidal Caramés.[2]

Colaborou en La Raza e publicou poemas en Vida Gallega. Xunto a Modesto Bará Álvarez fundou a revista Hebe. Amais, fundou as revistas literarias de corte nacionalista Alborada e Cristal (1932-33), xunto a Xosé María Álvarez Blázquez.

Como poeta, pertenceu á xeración do 25, xunto a Luís Amado Carballo e Álvarez Blázquez. Publicou catro obras:

  • Mágoas, 1921.
  • Alcor, 1927.
  • Los senderos inútiles, 1956.
  • Voz y memoria (Antología poética), 1986.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. El Pueblo Gallego, 27-6-1933, p. 14.
  2. Xoán Vidal Arquivado 22 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., na web Xenealoxía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Ficha en www.poesiagalega.org