La Vila Mariners
Nome | La Vila Mariners | |
---|---|---|
Fundación | 2009 | |
Sede | La Vila Joiosa, provincia de Alacant (España) | |
Estadio(s) | Campo de El Pantano | |
Presidente | Ignacio González Dávila | |
Adestrador | Bryce Bevin | |
Liga(s) | Liga Superibérica | |
2009 | 2º | |
|
La Vila Mariners, é o nome da franquía de rugby que engloba a clubs da Comunidade Valenciana e a Rexión de Murcia (España), que participa representando a estas dúas comunidades autónomas na Liga Superibérica
O equipo foi fundado en 2009, e nace aglutinando, nun principio, aos equipos de rugby destas comunidades: o Club de Rugby La Vila que participa na División de Honra e a clubs coma o Universidad de Murcia Rugby (Primeira Nacional) o Tavernes Rugby da rexional valenciana ou o Cartagena RC da rexional murciana, aínda que a súa intención é involucrar no proxecto a todos os clubs do levante español.
A marca deportiva Canterbury of New Zealand viste a esta franquía, ao igual que ás outras cinco participantes.
Orixe do Nome e Escudo
[editar | editar a fonte]O nome da franquía, Els Mariners, elixiuse pola tradición mariñeira da zona á que representa.
O logotipo ou escudo da mesma é o deus romano Neptuno cun balón de rugby saíndo do nome da franquía.
Historia
[editar | editar a fonte]Els Mariners participou no partido inaugural da primeira edición da Liga Superibérica que se celebrou nos Campos de Pepe Rojo o 24 de abril de 2009, nun partido no que se enfrontaron aos Vacceos Cavaliers de Castela e León. Contra todo prognóstico gañaron este partido por 12-36. Nesta primeira edición mostráronse intratables durante toda a fase regular da liga, clasificándose en primeiro lugar para a Final Four que se celebrou no Estadio Teresa Rivero do barrio madrileño de Vallecas. Tras unha semifinal na que demostrou a súa superioridade fronte aos Catalunya Blaus Almogàvers, gañando por 36-20, enfrontáronse na final cos Gatos de Madrid, que foi un partido que acabou en empate a 28 e que gañaron os madrileños por diferenza de ensaios.