La Voz (Nova York)
La Voz | |
---|---|
Fundación | 19 de xullo de 1937 |
Fundador | Ceferino Barbazán Montes |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Nova York |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Voz foi un xornal que se editou en Nova York entre 1937 e 1939.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Diario Democrático Avanzado, tiña como lema "Pola xusticia social. Pola Democracia. Contra a Tiranía e o Fascismo.". Apareceu cun número de carácter especial o 19 de xullo de 1937 e despois comezou a publicarse con regularidade dende o 24 de agosto de 1937 ata o 1 de decembro de 1939. O seu director e propietario era o empresario galego Ceferino Barbazán Montes dono de The Spanish Newspaper Corporation, empresa editora do xornal. José Castilla Morales era o director asistente.[1] Entre os seus redactores figurou Leocadio Lobo. Periódico prorepublicano "abiertamente antifascista" vinculado á Frente Popular Antifascista Gallego, publicou varios artigos de Castelao. Colaborou co periódico bimensual Frente Popular. O 24 de maio de 1939 Barbazán cedeu a dirección do xornal a Leocadio Lobo. A partir de decembro de 1939 cambiou o seu título por La Nueva Voz, do que só se conservan algúns exemplares dispersos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz Marcos, Ana María, "El periódico neoyorquino La Voz (1937-1939): Prensa y literatura frente al franquismo" en Sesenta años después: el exilio literario asturiano de 1939: actas del Congreso Internacional celebrado en la Universidad de Oviedo, 20, 21 y 22 de octubre de 1999.
- Miranda Barreiro, David (2015). "A Fronte Popular Antifascista Galega de Nova York: unha lembranza". Praza Pública.
- Rey-García, Marta (1994). "Los españoles de Norteamérica y la Guerra Civil (1936-1939)" (PDF). REDEN: Revista Española de Estudios Norteamericanos (7): 107–120. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de maio de 2021. Consultado o 05 de maio de 2021.
- Varela-Lago, Ana (2008). "A emigración galega aos Estados Unidos: Galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940)" (PDF). Estudos Migratorios I (2): 63–84.