Leocadio Lobo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1887 Batres, España |
Morte | 11 de xullo de 1959 (71 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, xornalista, político |
Leocadio José Lobo Canónigo, nado en Batres (Madrid) o 9 de decembro de 1887 e finado en Nova York o 11 de xullo de 1959, foi un sacerdote, xornalista e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de familia humilde, doutorouse en Teoloxía e fixo un labor pastoral que lle gañou moitos eloxios. Foi abade de San Xinés en Madrid. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fixo unha xira propagandística por Europa en favor da República e despois foi nomeado Delegado de la Junta de Protección del Tesoro Artístico. Recibiu axuda de Juan Negrín e dos comunistas e foi nomeado xefe da Sección Técnica de las Confesiones y Congregaciones Religiosas en 1937. Exiliouse en Nova York en 1939. Foi acollido pola Frente Popular Antifascista Gallego e foi redactor de La Voz. Traballou facendo dobraxes de cine de Hollywood e participou en 1942 nunha representación de El Alcalde de Zalameana sala de teatro das Sociedades Hispanas Confederadas, coas que colaboraba. Rehabilitado como sacerdote en 1947, fixo un labor evanxélico entre os máis necesitados da comunidade portorriqueña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Gullón, José Luis (2010). "Leocadio Lobo, un sacerdote republicano (1887-1959)". Hispania Sacra 62 (125): 267–309. ISSN 0018-215X.