La Voz de Cotobad
Aparencia
La Voz de Cotobad | |
---|---|
Localidade | Cotobade |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Voz de Cotobad foi un periódico editado no Concello de Cotobade en 1936.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Órgano Defensor de los Intereses del Municipio, su Comarca y Limítrofes, apareceu o 12 de xullo de 1936. Periódico bisemanal dirixido por Antón Fraguas, o redactor-xefe era Jaime Vidal Rey e o administrador Germán Pichel Bouzas.[1][2] Só se publicou o primeiro número.
Tivo unha segunda época, co título galeguizado de A Voz de Cotobade, que publicou o primeiro número o 15 de xullo de 1988 e o último o 8 de decembro do mesmo ano.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Voz de Cotobad, La". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 494–495. ISBN 84-8288-137-X.