Jaime Vidal Rey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 ![]() Carballedo, España ![]() |
Morte | 2 de febreiro de 1939 ![]() Hinojosa del Duque, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Jaime Vidal Rey, nado en Carballedo (concello de Cotobade) en 1915 e finado en Hinojosa del Duque (Córdoba) o 2 de febreiro de 1939, foi un estudoso e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/Elecci%C3%B3n_de_Otero_Pedrayo_como_presidente_do_SEG%2C_30_de_maio_de_1936.jpg/300px-Elecci%C3%B3n_de_Otero_Pedrayo_como_presidente_do_SEG%2C_30_de_maio_de_1936.jpg)
Fixo o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde ingresou en 1926.[1] Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Seminario de Estudos Galegos, ingresou en 1934 co traballo "Papeletas pra o estudo da Real Audiencia de Galicia",[2] e foi elixido contador da Comisión Directora en 1935.[3] Publicou en Raza Celta de Montevideo o manifesto "Aos mozos galegos".[4] Foi redactor-xefe de La Voz de Cotobad.[5] Participou na campaña a prol do SI ao Estatuto de Autonomía cunha conferencia en Unión Radio en xuño de 1936.[6] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 escondeuse no monte. Para escapar á represión ingresou como voluntario no Terzo de Requetés de Pontevedra. Estivo na fronte de Guadarrama.[7] Foi tenente provisional de Infantaría do Batallón de Cazadores de Ceuta, núm. 7. Morreu en acción de guerra en Sierra Patuda, no termo de Hinojosa del Duque, o 2 de febreiro de 1939.[8] Coa súa morte, o franquismo manipulou e apropiouse da súa figura como un "mártir da Cruzada".
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Diario de Pontevedra, 5-6-1926. p. 2.
- ↑ El Compostelano, 28-3-1934, p. 2.
- ↑ Raza Celta, 1-1935, p. 23.
- ↑ Raza Celta, 31-7-1934, p. 11.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-5-1936, p. 12.
- ↑ "Conferencia radiada" in El Pueblo Gallego, 23-6-1936, p. 8.
- ↑ El Ideal Gallego, 17-2-1939, p. 6.
- ↑ BOE, 14-2-1939, p. 863
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jaime Vidal Rey |