La vida es sueño
Aparencia
La vida es sueño | |
---|---|
Título orixinal | La vida es sueño |
Autor/a | Pedro Calderón de la Barca |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Xénero(s) | Traxedia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La vida es sueño é unha obra de teatro de Pedro Calderón da Barca estreada en 1635 e pertencente ao movemento literario do barroco. O tema central é a liberdade do ser humano para configurar a súa vida, sen deixarse levar por un suposto destino.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A obra trata da vida de Sexismundo, fillo do rei-astrólogo Basilio, de Polonia, que encerreo o seu propio fillo dentro dunha torre despois de interpretar no horóscopo que o nacemento do seu fillo lle traería moitas desgrazas. Co paso do tempo, o rei ordena que traian do cárcere o seu fillo, mais este compórtase dunha maneira incivilizada e volve ser encerrado. O pobo libera o príncipe Sexismundo cando se decata de que volveu ser encarcerado.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A obra de Calderón divídese en tres actos:
- Acto primeiro: dende que Clarín e Rosaura chegan á torre onde se atopa encarcerado Sexismundo ata a liberación de Rosaura e Clarín.
- Acto segundo: dende o espertar de Sexismundo no palacio real ata o famós monólogo deste (toda la vida es sueño / y los sueños, sueños son).
- Acto terceiro: dende que o pobo quere liberar Sexismundo da torre (onde estaba novament encarcerado) ata que o rei recoñece a Sexismundo como futuro rei de Polonia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- New production of La vida es sueño no Repertorio Español de Nova York, novembro de 2008
- Texto completo en Project Gutenberg na súa tradución ao inglés (Denis Florence MacCarthy, 1873)
- Odeon Theatre, Bucharest, Romania. Life is Dream. 2011