Lagartera
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Provincia | provincia de Toledo | ||||
Capital | Lagartera (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.306 (2023) (16,12 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 81 km² | ||||
Altitude | 389 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Vicente Amor Jiménez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 45567 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 45082 | ||||
Páxina web | lagartera.es |
Lagartera é un concello de Castela-A Mancha, ao oeste da provincia de Toledo, agrícola e gandeiro, situado ao norte do río Texo, que pertence á comarca da Campana de Oropesa. O seu xentilicio é lagarterana ou lagarterano.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situado a 115 km da capital toledana, moi próximo ao límite da provincia de Cáceres e limítrofe coa provincia de Ávila, «á la falda N. de un cerrito o berrocal bastante pendiente, escabroso, muy extendido y desigual.»,[1] limita ó norte co concello de Candeleda, ó sur con Torrico e Oropesa, ó leste con Oropesa, e ó oeste con Herreruela de Oropesa, La Calzada de Oropesa e Oropesa, e está bañado polo río Tiétar.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2017 tiña 1 422 habitantes (1 595 no 2010 e 1 839 no 2000) o que supón un continuo descenso dende o ano 2008.[2]
Gráfica de evolución demográfica de Lagartera entre 1996 e 2017 |
Fonte: INE. |
Ano | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 1891 | 1870 | 1839 | 1813 | 1762 | 1701 | 1652 | 1621 | 1556 | 1591 | 1601 | 1596 | 1595 | 1564 | 1558 | 1522 | 1505 | 1503 | 1468 | 1422 |
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe estivo no barrio de "Toledillo" que se une co resto do casarío por unha ponte. Pertenceu ao condado de Oropesa ata que en 1620 se declarou vila, co que tivo administración propia.[3]
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Ermida dos Santos Mártires.[4]
- Igrexa parroquial de El Salvador, gótica do século XVI, con elementos barrocos dos s. XVII e XVIII, de tres naves con cruceiro, ábsida plana e coro.[5]
- Museo Municipal Marcial Moreno Pascual, que alberga valiosas pezas bordadas e obras pictóricas do autor que dá nome ao espazo, nado en Lagartera en 1911 e finado en 1983.[6]
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Corpus Christi, en xuño. Móntanse altares nas rúas e prazas para recibir á eucaristía coas mellores e máis antigas pezas de deshilados lagarteranos.
- El Salvador, festa patronal, a primeira fin de semana de agosto.
- El Rosario, o primeiro domingo de outubro.
Economía
[editar | editar a fonte]A comercialización dos seus bordados artesanais empezou a comezos do século XX. A maior parte da economía da vila baséase nesa actividade.
Política e goberno
[editar | editar a fonte]O alcalde é, dende o ano 2011, o popular José Vicente Amor Jiménez.
Lexislatura | Nome | Partido |
---|---|---|
1979-1983 | Rufino Santillana Otero | PSOE |
1983-1987 | Máximo Santillana Garía | PSOE |
1987-1991 | Benjamín Otero Corrochano | PSOE |
1991-1995 | Benjamín Otero Corrochano | PSOE |
1995-1999 | Benjamín Otero Corrochano | PSOE |
1999-2003 | Manuel García Lozano | PSOE |
2003-2007 | Lorenzo Lozano Bermejo | PSOE |
2007-2011 | Lorenzo Lozano Bermejo | PSOE |
2011-2015 | José Vicente Amor Jiménez | PP |
2015-2019 | José Vicente Amor Jiménez | PP |
2019-2023 | n/d | n/d |
2023- | n/d | n/d |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Madoz, Pascual (1846-1850). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) X. Madrid: Establecimiento tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti. p. 19.
- ↑ INE. "Poboación por municipios".
- ↑ "Historia" Deputación provincial.
- ↑ "Monumentos" Deputación provincial.
- ↑ "Iglesia de "El Salvador" Concello.
- ↑ Turismo de Castilla-La Mancha (en varias linguas).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lagartera |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Lagartera". Diccionario enciclopédico galego universal 36. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 96. ISBN 84-7680-429-6.
- "Lagartera". Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002. p. 54. ISBN 84-7680-288-9.
- "Lagartera [España]". Enciclopedia Universal Micronet (DVD) (en castelán). 2006.
- Celdrán, Pancracio (2006). Diccionario de topónimos españoles y sus gentilicios (en castelán). Espasa. ISBN 84-670-0146-1.
- García Sánchez, Julián (1998). Historia de Lagartera. ISBN 84-605-7293-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do concello (en castelán).
- Deputación de Toledo (en castelán).
La Calzada de Oropesa | Candeleda | Oropesa | ||
La Calzada de Oropesa Oropesa Herreruela de Oropesa |
Oropesa | |||
Lagartera | ||||
Torrico | Oropesa | Oropesa |