Lago Niassa
(en) Lake Malawi | |||||
Tipo | lago | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Parque Nacional do Lago Malawi (pt) Grandes Lagos Africanos Lagos do Gran Val do Rift | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Chintheche (en) | ||||
Afluentes | Ruhuhu River (en) ,Dwangwa River (en) ,Lilongwe River (en) ,South Rukuru River (en) ,Rio Songwe (pt) ,Lufilya (en) | ||||
Efluente do lago | Rio Chire (pt) | ||||
Conca hidrográfica | Bacia do Zambeze (pt) | ||||
Características | |||||
Altitude | 474 m | ||||
Profundidade | 704 m | ||||
Dimensións | 75 () × 570 () km | ||||
Perímetro | 1.245 km | ||||
Atravesa | Malaui, Mozambique e Tanzania | ||||
Superficie | 29.600 km² | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 6.593 km² | ||||
Medicións | |||||
Volume físico | 8.400.000 hm³ | ||||
O lago Niassa (tamén coñecido como lago Malawi ou Nyasa en kiswahili) é un dos Grandes Lagos Africanos e atópase no Val do Rift, entre Malawi, Tanzania e Mozambique. Cunha orientación norte-sur, o lago ten 560 km de longo, 80 km de largura máxima e 700 m de profundidade.
É o único lago no mundo que conforma unha rexión bioxeográfica específica, con preto de 400 especies endémicas de cíclidos descritas (arredor do 30 % de todos os cíclidos coñecidos no mundo) e probabelmente quedan aínda moitas por descubir. Estímase que ten unha idade de entre un e dous millóns de anos. Posto que se encontra nunha rexión tropical e é moi profundo, o lago está permanentemente estratificado, cun epilimnio máis quente sobre un hipolimnio máis frío. O nivel da auga varía coas estacións do ano e ten aínda un ciclo de longa duración, cos niveis máis altos en anos recentes, desde que existen rexistros.
Na lingua chiNyanja, falada na beira mozambicana do lago, niassa significa lago - tal como o propio nome do pobo que usa aquela lingua, os Nyanja, significa pobo do lago. En chichewa, unha das linguas de Malawi, a palabra malawi significa ao nacer do sol, visto que, estando no occidente do lago, é desa forma que os habitantes de Malaui do sur ven nacer o día sobre o lago.
O Parque Nacional do Lago Malawi, no sur de Malawi, que abrangue a extremidade sur do lago, unha ducia de illas, unha rexión de reserva forestal e unha zona acuática até 100 m da costa foi inscrito pola UNESCO en 1984 na lista dos lugares que son Patrimonio da Humanidade.