Lago de Certascan
Aparencia
Lago de Certascan Estany de Certascan | |
---|---|
![]() | |
Vista do lago de Certascan dende o encoro. | |
Rexión | ![]() |
Provincia | Lleida |
Localización | Tavascan, Lladorre, Pallars Sobirà |
Coordenadas | 42°42′35.07″N 1°18′07.3″L / 42.7097417, -1.302028Coordenadas: 42°42′35.07″N 1°18′07.3″L / 42.7097417, -1.302028 |
Cota | 2.236 msnm |
Tipo | Orixe glacial |
Desaugues | Río de Certascan |
O lago de Certascan (en catalán: estany de Certascan ou Sertascan) é un lago de orixe glacial que se atopa a 2.236 metros sobre o nivel do mar, na cabeceira do concello de Vall de Cardós, na comarca catalá de Pallars Sobirà, e ao leste do pico de Certascan (de 2.853 de altitude).
Do seu desaugadoiro xorde o río de Certascan, que morre no río de Lladorre. Na actualidade, o lago aprovéitase para a obtención de enerxía hidroeléctrica a través dun encoro que conecta o lago coa central de Tavascan cunha canle de condución de auga. Trátase do meirande lago dos Pireneos cataláns e tamén un dos máis fondos.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/09/Lago_de_Certascan%2C_Lleida%2C_Pireneos_catal%C3%A1ns_%28setembro_de_2014%29.jpg/800px-Lago_de_Certascan%2C_Lleida%2C_Pireneos_catal%C3%A1ns_%28setembro_de_2014%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e3/Pireneos_catal%C3%A1ns_e_lago_de_Certascan_%28setembro_de_2014%29.jpg/800px-Pireneos_catal%C3%A1ns_e_lago_de_Certascan_%28setembro_de_2014%29.jpg)
-
O pico e o lago de Certascan (ano 1983).