Lagopus
Lagopus Lagópodos | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lagopus lagopus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
|
Lagopus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.
Comprende tres especies coñecidas como lagópodos.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1760 polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Lagopus está formado pola unión dos elementos do latín científico lago- e -pus. O primeiro deriva da raíz do substantivo do grego antigo λαγὠς lagṓs, 'lebre'; e o segundo, de ποδόσ podós, xenitivo de πούς poús, 'pé'.[3] Literalmente: 'os de pés de lebre' (ou 'os de pés como os da lenre').
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense no xénero as tres especies seguintes:[2][4]
- Lagopus lagopus (Linnaeus, 1782) - lagópodo común
- Lagopus leucura (Richardson, 1831) - lagópodo de cola branca
- Lagopus muta (Montin, 1781) - lagópodo alpino, lagópodo branco ou perdiz nival
Nota sobre os nomes vulgares
[editar | editar a fonte]A Real Academia Galega, no seu Dicionario, define lagópodo como «Zooloxía. Ave da orde dos galiformes, de tamaño mediano, coa plumaxe que varía do pardo ao branco, os tarsos e os dedos cubertos de plumas, da que existen varias especies».[1]
Para usarmos un nome diferente para cada unha das especies, séguese o criterio da Academia: «As escollas normativas deber ser harmónicas coas das outra linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, ...»[5]
- Nomes noutras linguas romances
- Lagopus lagopus
- Castelán: lagópodo común
- Catalán: lagòpede comú
- Lagopus leucura
- Castelán: lagópodo coliblanco
- Francés: lagopède à queue blanche
- Portugués: lagópode-de-cauda-branca
- Lagopus muta
- Castelán: perdiz nival, lagópodo alpino
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagópodo.
- ↑ 2,0 2,1 Lagopus Brisson, 1760 no ITIS.
- ↑ Lagopus no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
- ↑ Clements, J. F. (2007): The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press.
- ↑ Do § 4 da "Introdución" ás NOMIG, 1ª ed., revisada, maio de 1995.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lagopus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lagopus |