Lagosta moura
Lagosta moura | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante [1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Palinurus mauritanicus' Gruvel, 1911 | |||||||||||||||||
Sinonimia [2] | |||||||||||||||||
|
Co nome de lagosta moura coñécese unha variedade de lagosta, identificada como Palinurus mauritanicus (Gruvel 1911), de menor calidade gastronómica cá lagosta común ou europea (Palinurus elephas).
Descrición
[editar | editar a fonte]Alcanza tamaños moi superiores ós normais na lagosta común, chegando a lonxitudes de ata 75 cm e pesos de 5 a 6 kg. Os talles habituais roldan os 50 cm.
O cefalotórax desta especie é maior e máis avultado có da lagosta común, e mostra unha cor rosada-vermella, sen manchas. Na parte lateral do abdome presenta pequenas manchas máis claras có fondo, mesmo brancas, de tamaño desigual.
Nas antenas destacan os aneis rosas e brancos. Outra característica a sinalar é o feito de que o primeiro par de patas non remata en pinza, senón nunha uña única.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Atópase no Atlántico occidental africano e no Mediterráneo, chegando á altura do ecuador. Normalmente prefire fondos duns 100 metros de profundidade.
Sinonimia
[editar | editar a fonte]Outros nomes desta lagosta don os de lagosta mauritánica, lagosta portuguesa, lagosta africana, lagosta salameña, lagosta rosada ou lagosta diamante.
- inglés: pink spiny lobster
- francés: langouste de Mauritania
- alemán: mauretanische languste
- italiano: aragosta mauritanica
- ↑ A. Cockcroft, M. Butler & A. MacDiarmid (2009). "Palinurus mauritanicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o August 22, 2011.
- ↑ Lipke B. Holthuis (1991). "Palinuus mauritanicus". FAO Species Catalogue, Volume 13. Marine Lobsters of the World. FAO Fisheries Synopsis No. 125. Food and Agriculture Organization. pp. 121–122. ISBN 92-5-103027-8. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 02 de decembro de 2014.