Lámpridos
Lámpridos Lampridae | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lampris guttatus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Xénero | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A dos lámpridos (Lampridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos lampriformes, clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, e infraclase dos teleósteos.[1][2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1862 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Lampridae está formado, de acordo coa norma, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo Lampris coa adición do sufixo do latín científico -ĭdae, propio das familias de animais.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Lamprídidos (Lamprididae). Erro ortográfico.[1]
Xéneros
[editar | editar a fonte]Esta familia é monotípica, xa que conta tan só cun único xénero actual, Lampris Retzius, 1799.[1][2]
Ademais, coñécese tamén un único xénero fósil, † Megalampris, cunha única especie, † Megalampris keyesi Gottfried, Fordyce & Rust, que viviu no Oligoceno na actual Nova Zelandia,[3]
Este fósil, do que se descubriron en 2006 ósos da cola, parece que a súa aparencia debería ser moi similar á da especie actualmente vivente, Lampris guttatus, coa que estaba estreitamente relacionada.[3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Son grandes peixes arredondados coas aletas caudal e pectorais vermellas. A coloración do corpo é variábel. Un suposto espécime morto, sen escamas, e de cor cinza, foi desbotado. E outro supesto espécime vivo recentemente capturado, de cor que varía da cinza clara á alaranxda avermellada, foi así mesmo desbotado.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Lampridae Gill, 1862 no WoRMS. Consultado o 28 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Lamprididae Arquivado 03 de xuño de 2015 en Wayback Machine. no ITIS. Consultado o 28 de setembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Megalampris". www.prehistoric-wildlife.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2020.
- ↑ Gottfried, Michael D.; Fordyce, R. Ewan & Rust, Seabourne (2006): "Megalampris keyesi, a Giant Moonfish (Teleostei, Lampridiformes) from the Late Oligocene of New Zealand". Journal of Vertebrate Paleontology 26 (3): 544–551. (Resume). Consultado o 28 de setembro de 2020).
- ↑ "What are the maximum size and live body coloration of opah (Teleostei: Lampridae: Lampris species)?". ResearchGate. Consultado o 28 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lámpridos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, J. S. et al. (2016): Fishes of the world. Quinta edición. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Opahs. Lampridae na EOL.
- Lampridae no GBIF.