Saltar ao contido

Lampris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Reconstrución de Lampris zatima.

Lampris é un xénero de peixes osteíctios da orde dos lampriformes, clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, infraclase dos teleósteos, que é o tipo da familia dos lámpridos.[1]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1799 polo naturalista sueco Anders Retzius.[1]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Lampris deriva do grego antigo λαμπρός lamprós "brillante", en referencia á coloración brillante destes peixes.[2][3]

Especie tipo

[editar | editar a fonte]

A especie tipo do xénero é Zeus guttatus Brünnich, 1788, hoxe reclasificada como Lampris guttatus (Brünnich, 1788).[1]

O xénero comprende tan só dúas especies:[1]

Coñécese tamén unha especie fósil, Lampris zatima (Jordan & Gilbert, 1920), que viviu no Mioceno na sur de California.[4]

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Lampris guttatus encóntrase nas augas tropicaies e subtropicais temperadas de todos os océanos do mundo, e Lampris immaculatus, nunha área de distribución limitada, circundante ao océano Antártico, co paralelo 34° como o seu límite norte.

Características

[editar | editar a fonte]

Vistos de perfil estes peixes teñen unha forma ovalada, presentan unha coloración rechamante, caracterizada pola súa atractivo ventre dunha cor azul aceiro, nos costados presenta unha gran cantidade de pequenas manchas brancas, e as aletas son de cor vermella, contrastando fortemente co resto do corpo. Esta combinación de cores e puntos brancos, que recorda a un vestido de flamenga, valeuulles a denominación de gitanilla nos portos españois do sur da península.[5]​ Tamén destacan os seus grandes ollos, que están rodeados por un anel amarelo dourado. O fociño é acentuado, coa boca pequena, desdentada e terminal. A liña lateral forma un arco alto sobre as aletas pectorais antes de baixar até p pedúnculo caudal.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]
L. guttattus marinado con salsa verde.

Frecuentemente encóntrase a especie máis coñecida, L. guttattus, nos mercados asiáticos e da Polinesia. Nas culinarias destas rexións son moi prezados. Pero só se encontran sporadicamente nos mercados dos países de Europa, América, Oriente Medio e África. O alto contido en graxa destes peixes supera ao do salmón. A súa carne, que ten catro texturas diferentes, ten un sabor doce natural, e mantén unha natureza firme despois da cocción.[6]

As capturas desta especie en Europa é normalmente accidental, durante a pesca doutras especies, pese a ter valor comercial.[5] Úsase como trofeo para algúns pescadores deportivos de profundidade pois o seu gran tamaño e a súa forma atractiva préstase ben á taxidermia. Adoita aparecer como captura accesoria na pesca do atún vermello con palangre e adoita prepararse como sashimi, así como asado e afumado. A súa carne, aínda que fibrosa, á prexada, en especial en Hawai, onde aumenta o interese dos restaurantes na súa introdución no sector alimenticio. O 35 % do seu peso corporal medio é utilizado para o consumo humano.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lampris Retzius, 1799 no WoRMS. Consultado o 28 de setembro de 2020.
  2. Woodhouse, S. C. (1910): English-Greek Dictionary - A Vocabulary of the Attic Language. George Routledge & Sons Ltd., Broadway House, Ludgate Hill, E.C.
  3. Nelson et al. 2016, pp. 226-230.
  4. Lore Rose David (1943): Miocene Fishes of Southern California. Geological Society of America, Volume 43. ISBN 978-0-8137-2043-2.
  5. 5,0 5,1 "Ictioterm: Lampris guttatus". 
  6. Fish, Honolulu. "Hawaiian Opah Sashimi Cut 2 lbs". Honolulu Fish. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2020. Consultado o 28 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]