Lampris immaculatus
Lampris immaculatus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Lampris immaculatus Gilchrist, 1904 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Lampris immaculatus é unha especie de peixe osteíctio da clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos lampriformes, e familia dos lámpridos, unha das dúas que comprende na actualidade (2020) o xénero Lampris.[2]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1904 polo ictiólogo suraficano de orixe escocesa John Dow Fisher Gilchrist, baixo o nome de Lampris immaculata.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, ver Lampris.
O epíteto específico, immaculatus, fai referencia a que o seu corpo non ten manchas, como o seu conxénere Lampris guttatus.
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome válido actualmente, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
- Lampris immaculata Gilchrist, 1904, protónimo desbotado por incorreción gramatical, xa que Lampris é un nome masculino.
Características
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño, peláxico, oceánico,[3] de corpo deprimido lateralmente, de coloracoón de tons azuis e vermellos brillantes e manchas metálicas.
Pode alcanzar até os 110 cm de lonxitude e acadar unha masa corporal de até os 30 kg.[4]
A aleta dorsal está sustentada por de 55 a 56 raios brandos, e a anal por de 36 a 40 raios igualmente brandos.[3]
Aliméntase de cefalópodos,[4] krill e peixes.[5]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A súa distribución é cosmopolita, encontrándose nos mares austrais desde os 34° S até os 69° S (no límite da fronte polar antártica), a profundidades de entre os 50 e os 500 m.[3][6] A maioría das capturas fixéronse ao sur dos 40° S.[6][7]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Non se coñecen ameazas importantes para esta especie. Porén, parece que segue aos barcos pesqueiros para alimentarse das especies desbotadas, o que pode afectar o seu comportamento de busca e provocar unha inxestión considerábel de plásticos. [5]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), esta especie que habita en augas profundas está amplamente distribuída, e aínda que se pode tomar como captura accesoria nas pescarías de palangre e arrastre, non se coñecen ameazas importantes e non se sabe se a pesca está causando descensos a nivel mundial neste momento; polo tanto, cualifícase o status da especie como LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Moore, J. (2019): Lampris immaculatus na Lista vermella da UICN. Versión 2020-2. Consultada o 19 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Lampris immaculatus Gilchrist, 1904 no WoRMS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Lampris immaculatus Gilchrist, 1904. Southern opah en FishBase.
- ↑ 4,0 4,1 Opah. Lampris immaculatus Gilchrist 1904 na EOL.
- ↑ 5,0 5,1 Jackson, G .D.; Buxton, N. G. & George, M. J. A. (2000): "Diet of the southern opah Lampris immaculatus on the Patagonian Shelf; the significance of the squid Moroteuthis ingens and anthropogenic plastic". Marine Ecology Progress Series 206: 261-271.
- ↑ 6,0 6,1 Gon, O. & Heemstra, Phillip C (1990): Fishes of the southern ocean Grahamstown, South Africa : J.L.B. Smith Institute of Ichthyology. ISBN 0-8661-0211-3,pp. 215-217.
- ↑ Heemstra, P. C. (1986): "Lampridae". En: Smith, Margaret M. & Heemstra, Phillip C (eds.) Smith's Sea Fishes. Berlín/Heidelberg: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6428-2858-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nelson, J. S. et al. (2016): Fishes of the world. Quinta edición. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.