Saltar ao contido

Lampridiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Lampriformes»)
Lampriformes
Rango fósil: Campaniano - Actualidade
(70 - 0 Ma) [1]

Lophotus lacepede
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Lampridiomorpha (discutido)
Orde: Lampriformes
Regan, 1909
Familias
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Regalecus glesne
Lampris guttatus

A dos Lampriformes (Lampriformes) é unha orde de peixes da clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios e infraclase dos teleósteos.[2]

Segundo algúns autores, é a única orde da discutida superorde dos Lampridiomorfos (Lampridiomorpha).[3]

Comporende numerosas especies de peixes mariños peláxicos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1909 polo ictiólogo inglés Charles Tate Regan.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Lampriformis está formado sobre a raíz Lapri- do seu xénero tipo, Lampris, co sufixo estándar para formar os nomes das ordes de peixes, -formes. O nome Lampris deriva do grego antigo λαμπρός lamprós "brillante", en referencia á coloración brillante destes peixes. O sufixo deriva do latín forms, "forma externa". [4][5]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]
  • Allotriognathi
  • Bathysomi
  • Lampridiformes

Este último é unha variante ortográfica, empregada a miúdp, pero que aparentemente é incorrecta.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

A orde divídese nas segunites seis familias:[2]

Moitos autores inclúen tamén unha sétima, Veliferidae Bleeker, 1859.[1][6][7]

Ademais, coñécese unha familia extinta: Turkmenidae.[8]

Características

[editar | editar a fonte]

A forma destes peixes é variada pero, en xeral, son esmagados e longos. Carecen de escamas e de verdadeiras espiñas nas aletas. A aleta dorsal é moi longa e tende a ocupar todo o dorso. As aletas pelvianas presentan de 0 a 17 raios. As mandíbulas son altamente protusíbeis (o maxilar, en lugar de estar unido ligamentosamente ao etmoide e ao palatino, deslìzase cara a dentro e cara a fóra co premaxilar altamente protráctil). A vexiga natatoria, cando está presente, é fisoclistosa.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Lampriformes en FishBase.
  2. 2,0 2,1 Lampriformes no WoRMS.
  3. Lampridiomorpha no ITIS.
  4. Woodhouse, S. C. (1910): English-Greek Dictionary - A Vocabulary of the Attic Language. George Routledge & Sons Ltd., Broadway House, Ludgate Hill, E.C.
  5. Nelson et al. 2016, pp. 226-230.
  6. Lampriformes en BioLib.
  7. Lampriformes na EOL.
  8. Lampridiformes no Mikko's Phylogeny Archive. Helsinki.fi.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]