Saltar ao contido

Lamprima aurata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lamprima aurata

Macho adulto

Femia adulta
Femia adulta

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Scarabaeiformia
Superfamilia: Scarabaeoidea
Familia: Lucanidae
Xénero: Lamprima
Especie: L. aurata
Nome binomial
Lamprima aurata
Latreille, 1817
Sinonimia

Lamprima cuprea Latreille, 1817
Lamprima latreillii Macleay, 1819
Lamprima pygmaea Macleay, 1819
Lamprima fulgida Boisduval, 1835
Lamprima micardi Reiche, 1841
Lamprima rutilans Erichson, 1842
Lamprima splendens Erichson, 1842
Lamprima viridis Erichson, 1842
Lamprima nigricollis Hope in Westwood, 1845
Lamprima purpurascens Hope in Westwood, 1845
Lamprima sumptuosa Hope in Westwood, 1845
Lamprima tasmaniae Hope in Westwood, 1845
Lamprima varians Burmeister, 1847
Lamprima cultridens Burmeister, 1847
Lamprima amplicollis Thomson, 1862
Lamprima krefftii Macleay, 1871
Lamprima violacea Macleay, 1885
Lamprima mandibularis Macleay, 1885
Lamprima sericea Macleay, 1885
Lamprima nigripennis Macleay, 1885
Lamprima minima Macleay, 1885 Lamprima mariae Lea, 1910
Lamprima coerulea Boileau, 1913
Lamprima insularis Boileau, 1913 (Homo.)

Lamprima aurata é unha especie de escaravello da familia dos lucánidos nativa de Australia.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un escaravello cun corpo oval e brillante.[2] Mide de 15 a 25 mm de longo. A súa coloración é bastante variable, polo que recibiu distintas denominacións por varios autores.[3] A cor dos machos é característicamente verde dourada metálica ou amarela con patas moi coloridas, mentres que as femias poden ser azuis, verde azuladas ou marróns apagadas. As femias son menores que os machos. Os machos teñen grandes mandíbulas prolongadas cara a adiante usadas para loitar.[4][2]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

L. aurata é nativa de Australia e pode encontrarse en Tasmania e sueste da Australia continental, principalmente en Victoria, en bosques secos esclerófilos.[2]

Das cinco especies do xénero Lamprima só dúas viven na Australia continental: L. aurata e a moi relacionada L. imberbis, que vive no noroeste de Nova Gales do Sur.[3]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

As larvas son sapro-xilofagas e pasan dous anos alimentándose de troncos podres.[1][2] Os adultos son voadores de vida libre e móvense activamente polo chan durante o día e beben o néctar das flores, especialmente de eucaliptos.[2] Os machos poden encontrarse situados sobre troncos podres, defendendo o seu teritorio.[2]

  1. 1,0 1,1 "Christmas beetle-mania is in full swing and their traits may surprise you". www.abc.net.au. 18 de decembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Lamprima aurata Latreille, 1817, Golden Stag Beetle". Museum Victoria. Consultado o 29 de decembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 C.A.M. Reid, K. Smith, M. Beatson (2018) Revision of the Genus Lamprima Latreille, 1804 (Coleoptera: Lucanidae). Zootaxa. 4446(2); 151–202. doi:10.11646/zootaxa.4446.2.1
  4. "Golden Stag Beetle (Lamprima aurata)". Beetle Identifications. Consultado o 29 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.