Lucánidos
Lucánidos | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho de Lamprima aurata | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||
Os lucánidos (Lucanidae) son un grupo dunhas 1 200 especies de escaravellos que constitúen unha familia, actualmente dividida en catro subfamilias.[1] Algunhas especies chegan a medrar ata os 12 cm de longo, pero a maioría miden uns 5 cm. O máis famoso deles en Galicia é a vacaloura, que é o insecto terrestre máis grande de Europa.
Os machos de moitas das especies teñen unhas distintivas mandíbulas agrandadas que parecen cornamentas.
O nome lucánidos procede do nome da rexión de Lucania en Italia. Plinio o Vello decatouse de que Nigidius (erudito e pretor romano) chamaba á vacaloura lucanus porque na rexión de Lucania era usada como amuleto.
Os machos dos lucánidos usan as súas mandíbulas para loitar contra outros machos polos sitios de apareamento preferentes de forma parecida ao que fan os cervos. Tamén poden loitar por comida, como secrecións de árbores ou froitos en descomposición. Malia a súa aparencia medorenta, normalmente non son agresivos cos humanos.
As femias dos lucánidos son normalmente máis pequenas que os machos e con mandíbulas moito menores, pero aínda sendo mandíbulas máis pequenas, son máis poderosas ao morder que as dos machos.[2] Cando son larvas, as femias poden distinguirse dos machos pola presenza de ovarios graxos de cor crema visibles a través da pel á altura dos dous terzos da lonxitude do animal no dorso.
As larvas aliméntanse durante varios anos de madeira podre, pasando por tres estadios larvarios ata que finalmente pupan dentro dunha cela pupal construída con cachos de madeira dos arredores e partículas do solo. No estadio larvario final, "L3", as larvas das especies máis grandes, como Prosopocoilus giraffa, poden ter o tamaño dun dedo humano.
Algúns lucánidos grandes son utilizados como mascotas no Xapón.[3] En Galicia os cornos da vacaloura eran utilizados tradicionalmente como amuletos.
O tamaño dos cornos presenta variacións entre os individuos machos, denominada relación de escala ou alometría estática. As condicións ambientais durante o desenvolvemento afectan o tamaño absoluto dos cornos, pero tamén actúan factores xenéticos.
Os lucánidos son moi aprezados polos coleccionistas, e existe un comercio internacional, non sempre legal, con algunhas especies especialmente grandes ou vistosas. Na Península Ibérica figuran na lista de especies a protexer.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A familia Lucanidae divídese nas seguintes subfamilias e tribos:[4]
- Subfamilia Protolucaninae † Nikolajev, 2007
- Subfamilia Aesalinae MacLeay, 1819
- Tribo Aesalini MacLeay, 1819
- Tribo Ceratognathini Sharp, 1899
- Tribo Nicagini LeConte, 1861
- Subfamilia Ceruchitinae † Nikolajev, 2006
- Subfamilia Syndesinae MacLeay, 1819
- Subfamilia Lampriminae MacLeay, 1819
- Tribo Lamprimini MacLeay, 1819
- Tribo Streptocerini Kikuta, 1986
- Subfamilia Lucaninae Latreille, 1804
- Tribo Chiasognathini Burmeister, 1847
- Tribo Lucanini Latreille, 1804
- Tribo Platycerini Mulsant, 1842
- Tribo Platyceroidini Paulsen e Hawks, 2008
- Subfamilia Paralucaninae † Nikolajev, 2000
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, A.B.T. (2006). A review of the family-group names for the superfamily Scarabaeoidea (Coleoptera) with corrections to nomenclature and a current classification. The Coleopterists Bulletin 60:144–204.
- ↑ "How to help stag beetles" (PDF). wildlondon.org.uk. London Wildlife Trust. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2017. Consultado o May 7, 2017.
- ↑ Lombardi, Linda (26 May 2014). "How to Care for Your Beetle". tofugu.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2018. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- ↑ Bouchard, P., Bousquet, Y., Davies, A. E., Alonso-Zarazaga, M. A., Lawrence, J. F., Lyal, C. H., ... & Smith, A. B. (2011). Family-group names in Coleoptera (Insecta). Arquivado 15 de decembro de 2019 en Wayback Machine. ZooKeys, 88: 1–972
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lucánidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Lucanid (Stag) Beetles of the World. Photograph Book Series of the World Insects, vol. 1. Communication Yeolim. 2008. ISBN 9788995922859. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2018. Consultado o 12 de xullo de 2018.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lucánidos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Flickr Imaxes
- Stag beetle info Arquivado 18 de decembro de 2014 en Wayback Machine. Información sobre lucánidos e esquemas de conservación actuais.
- M.J. Paulsen. "Annotated Checklist of the New World Lucanidae". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2018. Lista de lucánidos do Novo Mundo con ligazóns a páxinas con información adicional.
- Toma Libich. "Goliathus.com: galería de imaxes".
- "Gallery of Lucanidae". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2006. Consultado o 11 de xullo de 2018.
- J M Maes. "Biodiversity: section on Lucanidae with a world catalogue and a world bibliography".
- Asahinet Lucánidos en selos de correos e ilustracións.
- Lucanes du Monde blog francés con moitas imaxes
- TOL Arquivado 16 de setembro de 2008 en Wayback Machine.
- UNL Guía xenérica de escarabellos do Novo Mundo- Lucanidae,