Picanzo nubio
Aparencia
(Redirección desde «Lanius nubicus»)
Picanzo nubio | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho de picanzo nubio ou enmascarado | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Lanius nubicus Lichtenstein, 1823 | |||||||||||||||
![]() area de distribución: verán - laranxa, inverno - azul
|
O picanzo nubio[2] é unha ave pertencente á familia do lánidos.
Características
[editar | editar a fonte]Este picanzo cría en arboredos abertos, con presenza de matogueiras[3]. Frecuentemente tamén preto de terras de labranza. É o picanzo máis pequeno de todos.[3] Presenta o corpo, a cabeza e o peteiros máis pequenos e esveltos. Os adultos teñen o dorso e as ás negras, con diversas manchas brancas. As femias son apreciablemente máis claras. A cara é branca cunha característica máscara negra. O bandullo é branco e mostra unha zona alaranxada.
Distribución
[editar | editar a fonte]Cría en Grecia, Bulgaria, Anatolia, próximo Oriente e zonas illadas de Irán e Iraq[3]. Inverna en África. Durante a migración é visible no río Nilo, ribeiras do mar Vermello e península do Sinaí[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Lanius nubicus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2012: e.T22705099A39387359. Consultado o 4 April 2016.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.
![]() |
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |