Lanius
Lanius | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lanius excubitor, coa súa presa cravada nuna espiña | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
|
Lanius é un xénero de aves da orde dos paseriformes, infraorde dos Corvida, suborde dos oscines, unha das integrantes da familia dos lánidos.
Son paxaros de rechamante aspecto, co peteiro ganchudo e comportamento moi similar ao dos falcóns, xa que son depredadores que adoitan cazaren outros paxaros como xílgaros, pequenos roedores como o rato de campo e insectos grandes.
Un costume típico destas aves é a de inserir as súas vítimas en espiñas a modo de pequenas despensas ás que acode en caso de necesidade.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito por Linneo en 1758, na décima edición do seu Systema Naturae.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Para escoller o nome do xénero Linneo adoptou o substantivo do latín clásico lanius, -ii, que significa 'carniceiro', tomando, quizais, como modelo a expresión pendere ad lanium, 'estar pendurada (a carne) na carnizaría', debido ao costume das especies deste xénero de penduraren os corpos de pequenos vertebrados e de grandes insectos cravándoos en espiñas, como quedou dito antes.
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense no xénero as 29 especies seguintes:[1][2]
- Lanius bucephalusTemminck & Schlegel, 1845
- Lanius cabanisi Hartert, 1906
- Lanius collaris Linnaeus, 1766
- Lanius collurio Linnaeus, 1758
- Lanius collurioides Lesson, 1831
- Lanius cristatus Linnaeus, 1758
- Lanius dorsalis Cabanis, 1878
- Lanius excubitor Linnaeus, 1758
- Lanius excubitoroides Prevost & Des Murs, 1847
- Lanius gubernator Hartlaub, 1882
- Lanius humeralis Stanley, 1814
- Lanius isabellinus Hemprich & Ehrenberg, 1833
- Lanius ludovicianus Linnaeus, 1766
- Lanius mackinnoni Sharpe, 1891
- Lanius meridionalis Temminck, 1820
- Lanius minor Gmelin, 1788
- Lanius newtoni Bocage, 1891
- Lanius nubicus Lichtenstein, 1823
- Lanius pallidirostris Cassin, 1851
- Lanius phoenicuroides (Schalow, 1875)
- Lanius schach Linnaeus, 1758
- Lanius senator Linnaeus, 1758
- Lanius somalicus Hartlaub & Heuglin, 1859
- Lanius souzae Bocage, 1878
- Lanius sphenocercus Cabanis, 1873
- Lanius tephronotus (Vigors, 1831)
- Lanius tigrinus Drapiez, 1828
- Lanius validirostris Ogilvie-Grant, 1894
- Lanius vittatus Valenciennes, 1826
Galería
[editar | editar a fonte]En Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia pódense atopar as seguintes especies pertencentes ao xénero Lanius:
Nome científico[3] | Nome común | Imaxe | Presenza[3] | Status en Galicia[3] | Familia | |
---|---|---|---|---|---|---|
Lanius collurio | Picanzo vermello[3][4] | ![]() |
Estival pouco común | ![]() |
Lánidos | |
Lanius excubitor | Picanzo do norte | ![]() |
Raro | - | Lánidos | |
Lanius isabellinus | Picanzo isabelino | ![]() |
Accidental, rareza | - | Lánidos | |
Lanius meridionalis | Picanzo real[3] | ![]() |
Sedentario escaso con invernantes | ![]() |
Lánidos | |
Lanius minor | Picanzo pequeno[3][4] | ![]() |
Accidental | - | Lánidos | |
Lanius senator | Picanzo de cabeza rubia | ![]() |
Estival escaso | ![]() |
Lánidos |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lanius Linnaeus, 1758 no ITIS.
- ↑ Lanius Linnaeus 1758 na EOL.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
- ↑ 4,0 4,1 Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lanius ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lanius |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas" Chioglossa 1: 121-138.
- Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2005): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-8767-406-2.
- Harris, Tony (2000): Shrikes and Bush-Shrikes. Princeton, Nova Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 0-6910-7036-9.
- Lefranc, Norbert (1997): Shrikes: A Guide to the Shrikes of the World. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 0-3000-7336-4.