Picanzo isabelino
Aparencia
Picanzo isabelino | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Lanius isabellinus Hemprich & Ehrenberg, 1833 |
O picanzo isabelino[2] (Lanius isabellinus) é unha ave pertencente á familia do lánidos.
Características
[editar | editar a fonte]Parente próximo do Lanius phoenicuroides[3]. O seu ventre é amarelo pálido. O dorso é agrisado e cola vermella. Coma todos os picanzos presenta un anteface negro. Os xuvenís e femias son menos marcados e confúndense cos xuvenís do Lanius phoenicuroides[3]. A súa lonxitude non excede dos 18 cm[3].
Distribución
[editar | editar a fonte]Cría no oeste de Mongolia e oeste da China. Viaxante raro en Europa, e unicamente no outono[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Lanius isabellinus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 10 agosto 2016.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |