Saltar ao contido

Las constituyentes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Las constituyentes
Ficha técnica
GuiónOliva Acosta
Duración70 minutos
OrixeEspaña
XéneroDocumental histórico
Na rede
http://www.lasconstituyentes.com/
IMDB: tt2122380 Filmaffinity: 731399 Editar o valor en Wikidata

Las constituyentes é un documental dirixido en 2011 por Oliva Acosta sobre as 27 mulleres, deputadas e senadoras, que participaron na lexislatura constituínte. Un documento que recupera a voz das primeiras mulleres que entraron no Parlamento tras a ditadura de Francisco Franco Bahamonde e que recolle a historia e a participación política das mulleres en España.[1] O documental está subtitulado en español, inglés e francés.

O documental conta co testemuño de 14 das 27 parlamentarias que participaron na lexislatura constituínte, porque algunhas delas non puideron participar e xa faleceran sete deles, entre elas Dolores Ibarruri. Nas súas intervencións lembran os motivos polos que entraron en política e analizan a evolución da situación da muller en España.

Segundo os críticos, "un dos momentos máis fortes do documental é un encontro entre estas veteranas e un grupo de políticas en activo de diferentes partidos políticos como as exministras Carmen Alborch, Carmen Calvo, Bibiana Aído, a deputada da Coalición Canaria, Ana Oramas, a deputada do PP Sara Dueñas, a deputada e vogal do CXPX Margarita Uria, Montserrat Surroca de CiU ou Inés Sabanés de IU".[2]

Participantes

[editar | editar a fonte]

Non puideron participar

[editar | editar a fonte]

As que xa non están

[editar | editar a fonte]

Premios e mencións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Fernández, David Martos (2011-11-14). "'Las constituyentes'. Las 27 mujeres que escribieron la política en femenino". Cadena SER (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2022. Consultado o 2022-11-22. 
  2. Cadena Ser. Pepa Blanes (5 de decembro de 2012). "'Las constituyentes', las madres de la Constitución reivindican la igualdad". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2013. Consultado o 16 de maio de 2013. 
  3. CIMA (30 de abril de 2012). "30 de abril de 2012 “LAS CONSTITUYENTES”, DE OLIVA ACOSTA, PREMIO MARIANA PINEDA DEL FESTIVAL DE MUJERES DE GRANADA" (en español). Arquivado dende o orixinal o 1 de xullo de 2012. Consultado o 16 de maio de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]