Margarita Uria
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de abril de 1953 (71 anos) Bilbao, España |
Vogal do Conselho Geral do Poder Judicial (pt) | |
23 de febreiro de 2008 – 4 de decembro de 2013 | |
Deputada de España | |
30 de marzo de 2004 – 15 de xaneiro de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Deputada de España | |
24 de marzo de 2000 – 2 de abril de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electa en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Deputada de España | |
20 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000 Lexislatura: VI lexislatura de España Circunscrición electoral: Biscaia Electa en: Eleccións Xerais 1996 en España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, avogada, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Deusto |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Margarita Uria Etxebarria, nada en Bilbao, País Vasco, o 28 de abril de 1953, é unha avogada e política de ideoloxía nacionalista vasca. Pertence ó PNV. Foi Deputada do Congreso (1996-2008) e dende o 2008 é vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Biografía
[editar | editar a fonte]Margarita Uria naceu en Bilbao en 1953. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Deusto.
Entre 1975 e 1980 exerceu a avogacía como profesión liberal. En 1980, obtén un posto como funcionaria de letrada dos Servizos Xurídicos do Goberno Vasco. En 1985, foi nomeada Directora do Contencioso do Goberno Vasco. Permanecerá neste cargo até 1996. Paralelamente á súa carreira na administración vasca foi profesora de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito de Deusto e na Escola de Práctica Xurídica (Colexio de Avogados).
Deputada do Congreso
[editar | editar a fonte]Foi elixida deputada nas eleccións xerais de 1996 pola circunscrición de Biscaia. Permaneceu no Congreso dos Deputados durante 12 anos, sendo reelixida noutras dúas ocasións. Durante estes anos formou parte das comisións de Xustiza e Interior, Constitucional, Réxime das Administracións Públicas e Sanidade e Consumo.
Nas eleccións xerais de 2008 Uria presentouse como candidata ó Senado por Biscaia. Por primeira vez o PNV foi a segunda forza máis votada en Biscaia, por detrás do PSOE, polo que só obtivo unha das tres actas de senador ás que optaba. Iñaki Anasagasti deixou a Uria sen escano ó obter uns poucos miles de votos máis.
Tras ese inesperado resultado Uria incorporouse en maio de 2008 ós servizos xurídicos da Secretaría Xeral da Presidencia do Goberno Vasco, aínda que este só foi un posto temporal.[1]
O PNV propuxo a Margarita Uria como candidata da súa confianza ó posto de vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX), órgano que levaba dous anos sen renovarse por desacordo entre os partidos políticos maioritarios. Finalmente o PNV logrou que Uria fose incluída na lista de consenso que acordaron os partidos maioritarios para renovar o CXPX e así en setembro de 2008 foi nomeada vogal do máximo órgano do poder xudicial.
Directora da Axencia Vasca de Protección de Datos
[editar | editar a fonte]Nomeada por Decreto 16/2016, de 2 de febreiro, da Presidencia do Goberno Vasco (BOPV nº 24 de 5 de febreiro de 2016), substituíndo no cargo a Iñaki Pariente de Prada (2012-2016).[2]
É por tanto, dende febreiro de 2016, a nova Directora da Axencia Vasca de Protección de Datos.[3]
A Axencia Vasca de Protección de Datos é o órgano de control en materia de protección de datos de carácter persoal en Euskadi.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Congreso coa ficha Arquivado 18 de decembro de 2011 en Wayback Machine.
- Margarita Uria en Euskomedia
- Margarita Uria BOPV
- Margarita Uria AVPD