Saltar ao contido

Latakia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLatakia
اللاذقية (ar) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 35°31′25″N 35°47′30″L / 35.5236, 35.7917
PaísSiria
GobernaciónGobernación de Latakia
District of Syria (en) TraducirLatakia District (en) Traducir
Subdistrict of Syria (en) TraducirLattakia Subdistrict (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación700.000 (2009) Editar o valor en Wikidata (12.068,97 hab./km²)
Xeografía
Superficie58 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Laodicea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
13 de agosto de 2011Siege of Latakia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Prefixo telefónico041 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webelatakia.sy Editar o valor en Wikidata

Latakia[1] (en árabe: اللاذقية, Al-Lādhiqīyah [el.laːdˈʔɪjje, -aːðˈqɪjja]) é unha localidade costeira de Siria, situada ao norte do Líbano, capital da provincia homónima. A súa poboación estímase en 554.000 habitantes. Deles, aproximadamente, o 50% son de relixión alauí, o 30% cristiáns e o 20% musulmáns sunnitas.

Ten moitos motivos para ser famosa, entre eles o de dar nome a un tipo de tabaco, quizais o tabaco turco máis coñecido, que entra na composición de mesturas para fumar en pipa. É un tabaco de aroma forte e seco, que lembra a alimentos salgados e afumados. Ademais, a cidade foi o lugar natal do expresidente Hafez al-Assad.

É sede da Arquidiocese Metropolitana de Latakia do Patriarcado de Antioquía.

Foi fundada no século IV a. C. co nome de Laodicea (en grego: Λαοδικείαo) por Seleuco I Nicátor en honra á súa nai Laodice. En latín foi coñecida como Laodicea ad Mare. O nome orixinal sobrevive na forma árabe como al-Ladhiqiyyah (en árabe: اللاذقية), do que procede do francés Lattaquié e do inglés Latakia.

Notas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]