Famagusta
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Αμμόχωστος (el) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado non recoñecido | República Turca do Norte de Chipre | |||
Distritos (pt) | Gazimağusa District (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 40.920 (2011) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 21 m | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | gazimagusabelediyesi.org |
Famagusta[1] (en grego: Αμμόχωστος, Ammójostos; en turco: Mağusa ou Gazimağusa) é unha cidade situada ao leste de Chipre, centro administrativo do distrito homónimo e baixo control da autoproclamada República Turca do Norte de Chipre. Ten 42,526 habitantes.
Como porto marítimo é un lugar de exportación de cítricos e outros produtos agrícolas-gandeiros. Nas súas proximidades atópanse as ruínas da antiga cidade de Salamina, destruída no ano 647.
O seu nome derivaríase do termo grego ammochostos (ἄμμος, χόω) que significa metido na area.
Historia
[editar | editar a fonte]Algúns historiadores din que foi fundada polo rei de Exipto Tolomeo II Filadelfo en 285 a. C. Pero da historia da cidade non se atopan restos máis aló do século VIII. Non hai certeza total, como se relaciona co dito por Lequien (II, 1065) que a sede ocupase o sitio de Arsínoe.
Famagusta prosperou no medio da destrución que se tiña nas veciñanzas de Salamina, a anterior capital da illa. No século XII a súa importancia era tal que Guy de Lusignan seleccionouna para que alí se coroase en 1191 ao Rei de Xerusalén e Chipre.
Os príncipes franceses fortificaron a cidade e no século XIII construíron a Catedral de San Nicolás, que foi transformada nunha mesquita.
Famagusta foi a sede da Diocese Latina do século XII e tivo bispos residentes até o final do século XVI.
A prosperidade de Famagusta non se viu afectada pola caída de Acre. En 1342, un escritor alemán describiuna como unha da máis ricas e fermosas cidades do mundo. A súa riqueza excedía a de Constantinopla e Venecia. Santa Brígida de Suecia, nas súas revelacións, compáraa con Sodoma e Gomorra.
A cidade foi capturada polos genoveses en 1374 e caeu en 1389 en mans dos venecianos, quen a retiveron até 1571. Estes transferiran a capital desde Nicosia en 1489.
O uso da pólvora e do canón fixeron necesario aos venecianos remodelar totalmente as defensas para que puidesen enfrontarse á artillaría. As torres medievais cadradas foron substituídas por unhas redondas e ao redor da muralla instaláronse unha serie de troneiras.
Finalmente e logo dun asedio de dez meses (1570-1571), que custou aos turcos 50.000 homes, a cidade rendeuse ao Imperio Otomán.
Desde a invasión turca ata o presente
[editar | editar a fonte]Durante a segunda fase da invasión turca de Chipre o 14 de agosto de 1974 a chaira de Mesaoria foi invadida polos tanques turcos e Famagusta foi bombardeada por avións turcos. Durou dous días para que o exército turco ocupase a cidade, antes de que a totalidade da poboación greco-chipriota de Famagusta fuxise aos campos circundantes. A maioría destes grecochipriotas creron que, unha vez que se calmase a violencia inicial, poderían regresar.[Cómpre referencia]
Como consecuencia dos ataques aéreos turcos, morreron decenas de civís, incluíndo turistas.[2]
A diferenza doutras partes das áreas controladas polos turcos de Chipre, o suburbio de Varosha, foi pechado inmediatamente despois de ser capturado e permanece pechado hoxe. Os grecochipriotas que fuxiron de Varosha non foron autorizados a regresar e os xornalistas están prohibidos. A cidade quedou conxelada no tempo, con casas, grandes almacéns e hoteis baleiros e saqueados, incluso os azulexos dos baños.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Famagusta (Chipre)
- ↑ O'Malley, Brendan; Craig, Ian; Craig, Ian (2002). The Cyprus conspiracy : America, espionage, and the Turkish invasion. London: I.B. Tauris. pp. 192, 216. ISBN 978-1-86064-737-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Famagusta |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Konrad von Grünenberg, complete online facsimile of Beschreibung der Reise von Konstanz nach Jerusalem.
- Famagusta City Guide
- Famagusta, 2015 The New York Times feature article
- Complete online facsimile of Camile Enlart, L'art gothique et la renaissance en Chypre : illustré de 34 planches et de 421 figures, Paris, E. Leroux, 1899.
- Old maps Arquivado 25 de decembro de 2022 en Wayback Machine. of Famagusta, Historic Cities Arquivado 25 de marzo de 2022 en Wayback Machine. site