Laura Cretara
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de decembro de 1939 ![]() Roma, Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | artista, medallista ![]() |
Laura Cretara, nada en Roma o 28 de decembro de 1939, é unha escultora, gravadora, medallista e deseñadora de moedas italiana.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Laura Cretara herdou do seu pai, o pintor e gravador Francesco Cretara, o seu interese pola arte do gravado. A súa formación artística transcorreu en tres prestixiosas entidades romanas, o Liceo Artístico, a Academia de Belas Artes e, finalmente, a Escola de Arte Medieval, con mestres como Gatusso, Fazzini ou Giampaoli.[2][3][4][5]
Logo do seu período formativo, en 1961 entrou a formar parte do cadro de gravadores da Casa da Moeda do Estado, onde comezou a deseñar e gravar medallas e moedas dun xeito profesional. Cretara foi a primeira muller en crear unha moeda italiana.[2][3][4][5]

Entre 1976 e 2004 Laura Cretara dirixiu a Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato,[5] e en 1987 asumiu o cargo de directora artística da ceca pública italiana e do seu museo nomismático.[2][3][4]
En 2006 foi designada membro, en condición de experta, da Comisión Permanente Técnico-Artística do Ministerio de Economía e Facenda de Italia.[2][4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa traxectoria profesional, Laura Cretara foi merecedora de numerosos recoñecementos, entre eles os seguintes:[2][4]
Honras
[editar | editar a fonte]- (1995) Comendadora da Orde Ecuestre de Santa Ádega, da República de San Marino.[6]
- (2000) Comendador da Orde ao Mérito da República Italiana.[7]
Premios
[editar | editar a fonte]- (1997) Premio Albino Bazzi, do Círculo Filatélico e Numismático Mantovano.[8]
- (2007) Premio Santo Elixio, do Colexio Prateros e Ourives Romanos.
- (1998) Premio Ruota d'Oro, do Rotary International Club.[9]
- (2005-2006) Premio Profeti in Patria á excelencia, da República Italiana.
- Premio Internacional á Traxectoria da Feira Numismática de Vicenza.
Obra
[editar | editar a fonte]Moeda
[editar | editar a fonte]
Cretara é autora dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano, a República de San Marino e Haití.[2][3][11]
Entre as súas obras máis populares está a moeda circulante de 500 liras bimetálica que se cuñou entre 1982 e 1995, cuxo anverso foi retomado para posteriores versións conmemorativas desta moeda.[12]
Outra das súas creacións máis recoñecibles é o anverso nacional italiano da moeda dun euro que reproduce a figura do Home de Vitruvio de Leonardo.[2][4][10]
Medalla
[editar | editar a fonte]Aínda que é máis coñecida polas súas moedas, Laura Cretara ten tamén unha nutrida produción de medallas ao longo da súa carreira, entre as que destacan as creadas para a Presidencia da República, para o Goberno italiano, para o centenario do Banco de Italia ou para as celebracións do cambio de milenio e do Ano Santo de 2000.[2]
Escultura
[editar | editar a fonte]Como escultora, Cretara creou unha grande obra de prata conmemorando o Ano Internacional da Paz de 1983, que se atopa no edificio das Nacións Unidas en Nova York.[5] Outra das súas esculturas de gran tamaño, dedicada á investigación científica (1992) eríxese no Policlínico Umberto I de Roma.[2]
Pola súa banda, na República de San Marino, a igrexa de Santa Bárbara acolle dous dos seus grandes relevos de bronce, creados por Cretara en 1995.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Laura Cretara". The British Museum.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 "Laura Cretara". En Balbi de Caro, S. (2008).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Laura Cretara". Mebnet.altervista.org
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Laura Cretara". Maestro d'Arte e Mestiere (MAM).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mattoni, R. (2015). "Laura Cretara: Art in a Coin Arquivado 29 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Picchianiebarlacchi.com
- ↑ "Gli ordini Equestri: Archivio Onorificenze". Segrataria di Stato per gli Affari Esteri (San Marino).
- ↑ "Onorificence: Commendatore Ordine al Merito della Repubblica Italiana". Presidenza della Repubblica.
- ↑ "Premio Albono Bazzi Arquivado 27 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Circolo Filatelico Numismatico Mantovano.
- ↑ "I Vincitori de 'La Ruota d'Oro' 1986-2009 Arquivado 29 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". La Ruota d'Oro. Rotary Club Roma Sud-Ouest.
- ↑ 10,0 10,1 "1 Euro". Numista.com
- ↑ Catálogo de moedas deseñadas por Laura Cretara. Numista.com
- ↑ "500 Lire (bimetalic)". Numista.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Balbi de Caro, S. (2008). Percorso d'artista: le mani, la mente, il cuore. Editalia (IPZS), Roma. ISBN 978-88-7060-490-0