Laura Romero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1991 (33/34 anos) Alacant, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | debuxante, música |
Membro de | |
Sitio web | eleromero.com |
Laura Romero Pereira, nada en Alacant en 1991, é unha debuxante e música galega.[1]
Dende 2016 é a baixista do grupo Zënzar.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Alacant e instalouse en Ordes aos oito anos. Estudou Belas Artes na Universidade de Salamanca na especialidade de pintura. Iniciouse no debuxo urbano e participou no festival Portamérica.
Dedicada tamén á música, en febreiro de 2016 entrou como baixista no grupo Zënzar, substituíndo ao enfermo Tabe, que faleceu pouco despois.[2]
Co proxecto Músicas Galegas Ilustradas formou parte de O galego, a miña lingua propia da Deputación da Coruña e foi finalista en 2018 nos Premios Martín Codax da Música na categoría de mellor medio de comunicación. Tras ser finalista tamén en 2019, gañou finalmente o premio en 2020.[3] Preside a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
Obra
[editar | editar a fonte]- A culpa foi de Zënzar (2024). Autoedición. 346 páxs. ISBN 978-84-09-66837-3. Historia da banda de música do mesmo nome.
Ilustración
[editar | editar a fonte]- Ferreñas & Rock'n'roll. Anedoctario sobre músicas galegas. Crónica ilustrada das nosas múiscas máis senlleiras, con Iria Pedreira (2019). Baía Ed. 84 páxs. ISBN 9788499953304.
- Hermilindo esbirra poemas, de Paula Señarís (2023). Galaxia.
- Milú e o edificio das persoas extraordinarias, de Abel Tomé (2024). Edicións Xerais.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Premio Martín Codax de 2020 na categoría de comunicación e difusión musical.[3]
- Primeiro premio do encontro Compostela Ilustrada en 2018.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O galego, a miña lingua propia" Deputación da Coruña.
- ↑ "Falece 'Tabe', baixista de Zënzar". Sermos Galiza. 2 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Calveiro, P. (25 de outubro de 2020). "La melómana de los Martín Códax que por fin se fue para Ordes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2020.
- ↑ Montse Dopico (21 de novembro de 2018). "Laura Romero: “No debuxo urbano pintas o que vas encontrando. Nunca sabes o que vai ser”". Praza Pública. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2019. Consultado o 04 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web
- Páxina de Músicas Galegas Ilustradas
- Entrevista na CRTVG
- Premio Compostela Ilustrada