Lavanco escuro
Lavanco escuro | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lavanco escuro en voo | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Anas rubripes' (Brewster, 1902) | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Anas obscura |
O lavanco escuro[2] (Anas rubripes) é un parrulo norteamericano de tamaño grande. Os lavancos escuros hibridan facilmente cos lavancos reais, cos que están tan relacionados que algúns estudosos mesmo consideran a esta especie unha forma escura do lavanco. De tódolos xeitos a validez da capacidade de formar híbridos para delimitar as especies do xénero Anas é hoxe posta en dúbida (Mank et al. 2004).
Descrición
[editar | editar a fonte]Os machos adultos teñen o bico amarelo, as patas alaranxadas e o corpo escuro, coa cabeza e o pescozo máis claros. Os ollos son escuros. O dimorfismo sexual nesta especie non é moi marcado, e as femias adultas son moi semellantes ós machos. Ámbolos dous sexos teñen un espello azul púrpura brillante, ó que lle falta a beira branca característica dos lavancos, ós que semellan na voz e o comportamento.
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Crían en lagos, estanques ríos, pantanos e outras áreas acuáticas do leste do Canadá (Grandes Lagos incluídos, e mos montes Adirondacks, do noroeste dos Estados Unidos.
É unha especie parcialmente migradora, e moitos exemplares pasan o inverno no centro leste dos Estados Unidos, especialmente en áreas de costa; outros pasan o ano enteiro na rexión dos Grandes Lagos.
Ocasionalmente aparecen en Gran Bretaña, malia que moitos avistamentos puideran te-la súa orixe en exemplares fuxidos da catividade. Nas illas Británicas adoitan cruzarse cos lavancos.
No pasado o lavanco escuro e o lavanco real estiveron separados polas súas preferencias á hora de escolleren os hábitats: a especie máis escura dominaba as zonas acuáticas dos bosques de Norteamérica, mentres que os lavancos se espallaban por zonas máis abertas e iluminadas, nas praderías e lagos abertos. A deforestación do leste e as plantacións de árbores en zonas de chaira provocou a mestura das dúas especies e o incremento da hibridación ata chegar os altos niveis de arestora.(Johnsgard 1967). Os híbridos son difíciles de distinguir a simple vista, polo que non se coñece ben a dinámica dos cruzamentos. Estudos en catividade amosan que a hibridación segue a regra de Haldane, morrendo moitas femias híbridas antes chegaren á madureza sexual (Kirby et al. 2004).
Alimentación e reprodución
[editar | editar a fonte]Os lavancos escuros obteñen o seu alimento en augas de pouca profundidade e pacendo na terra. A súa dieta componse basicamente de plantas, pero consomen tamén algúns moluscos e insectos acuáticos. Poñen entre 6 e 14 ovos de cor ante averdegada, que chocan durante uns 30 días.
Situación
[editar | editar a fonte]O lavanco escuro é unha peza de caza habitual, o que, malia non contarse aínda entre as especies ameazadas, está a provocar, xunta coa perda de hábitats, o lento declive da especie. Algúns coservacionistas sinalan tamén a hibridación e a competencia co lavanco como unha ameaza para a supervivencia da especie (Rhymer & Simberloff 1996, Rhymer 2006).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lavanco escuro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Avise, John C.; Ankney, C. Davison & Nelson, William S. (1990): Mitochondrial Gene Trees and the Evolutionary Relationship of Mallard and Black Ducks. Evolution (journal) 44(4): 1109-1119.
- Johnsgard, Paul A. (1967): Sympatry Changes and Hybridization Incidence in Mallards and Black Ducks. American Midland Naturalist 77(1): 51-63.
- Kirby, Ronald E.; Sargeant, Glen A. & Shutler, Dave (2004): Haldane's rule and American black duck × mallard hybridization. Canadian Journal of Zoology 82(11): 1827–1831.
- Mank, Judith E.; Carlson, John E. & Brittingham, Margaret C. (2004): A century of hybridization: Decreasing genetic distance between American black ducks and mallards. Conservation Genetics 5(3): 395–403.
- Rhymer, Judith M. (2006): Extinction by hybridization and introgression in anatine ducks. Acta Zoologica Sinica 52(Supplement): 583–585. PDF fulltext Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine.
- Rhymer, Judith M. & Simberloff, Daniel (1996): Extinction by hybridization and introgression. Annu. Rev. Ecol. Syst. 27: 83-109.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O lavanco escuro na "Lista vermella de especIes ameazadas" da
- Cornell Lab of Ornithology - Lavanco escuro Arquivado 14 de maio de 2007 en Wayback Machine.(inglés)
- South Dakota Birds and Birding(inglés)
- USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter(inglés)
- Massachusetts Breeding Bird Atlas(inglés)
- ↑ BirdLife International (2012). "Anas rubripes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.