Lavochkin-Gorbunov-Goudkov LaGG-3
LaGG-3 | |
---|---|
LaGG-3 nun museo de Moscova. | |
Tipo | caza |
Fabricante | Lavochkin-Gorbunov-Goudkov |
Deseñado por | V. P. Gorbunov |
Primeiro voo | 30 de marzo de 1939 |
Introducido | principios de 1941 |
Retirado | 1944 |
Principais usuarios | Unión Soviética |
Produción | 1941 - 1942 |
Unidades construídas | 6 527 |
O Lavochkin-Gorbunov-Goudkov LaGG-3 (Лавочкин-Горбунов-Гудков ЛаГГ-3) foi un caza soviético da segunda guerra mundial. Deseñouse debido a un requirimento de 1938 que pedía un novo caza, e o prototipo, denominado LaGG-1, voou en marzo de 1939. Era un dos cazas soviéticos máis modernos durante a invasión alemá en 1941.
Comparado cos seus opoñentes, o LaGG-3 carecía de potencia suficiente e, a pesar da súa construción de madeira, tiña sobrepeso. Era pouco popular entre os pilotos soviéticos, aínda que chegaron a completarse 12 unidades diarias do modelo en certo momento, construíndose 6 527 exemplares cando a produción cambiou ao Yak-3 en 1944.[1] O LaGG-3 foi mellorado constantemente, formando a base para os La-5 e La-7 máis exitosos.
Deseño
[editar | editar a fonte]O prototipo do LaGG-3, I-301, foi deseñado por Semyon A. Lavochkin, Vladimir P. Gorbunov e Mikhail I. Gudkov. Foi designado LaGG-3 na fase da produción en serie. A súa fuselaxe estaba case completamente feita en madeira, coas partes importantes tratadas con laca de baquelita. Este novo xeito de construción con madeira laminada era máis duradeiro que a madeira normal, era incombustible, e non aprodrecía. Era, porén, moito máis pesada e os pilotos bromeaban co nome do avión, dicíndo que en vez de ser un acónimo dos nomes dos deseñadores (Lavochkin, Gorbunov e Goudkov) "LaGG" representaba "lakirovanny garantirovanny grob" (ataúde varnizado garantido - лакированный гарантированный гроб). A á de madeira era igual que a do Yakovlev Yak-1. A única diferenza era que as ás do LaGG estaban construídas en dúas seccións. A fuselaxe era como a do MiG-3, pero o seu armamento era mellor. Estaba equipado cunha metralladora BK de gran calibre, instalada entre o "V" dos cilindros do motor, edúas metralladores ShKAS sincronizadas. En consecuencia o seu peso de fogo era de 2.65 kg/s, facendo ao LaGG superior a todos os cazas soviéticos de serie, e superando tamén ao Messerschmitt Bf 109 de 1941.
Variantes
[editar | editar a fonte]- Gorbunov 105 - Un LaGG-3 máis lixeiro cun rendemento e a visión traseira mellorados. Superaba a avións máis novos como o Lavochkin La-5.
- LaGG-3IT - LaGG-3 da serie 66 cun canón NS-37.
Operadores
[editar | editar a fonte]- A Luftwaffe operou exemplares capturados para realizar probas. Un deles foi utilizado para unha película propagandística en 1943.[2]
- A Forza Aérea Finlandesa operou tres exemplares capturados, principalmente como interceptores de bombardeo.[3]
- O Servizo Aéreo do Exército Imperial Xaponés operou un avión voado por un desertor ata Manchuria. Foi usado só para probas.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wheeler, Barry C. (1994). Military Aircraft Markings : The Hamlyn Guide To. London: Chancellor Press an imprint of Reed Consumer Books Limited. p. 73. ISBN 1-85152-582-3.
- ↑ Stapfer, Hans-Heiri (1996). LaGG Fighters in action. Illustrated by Cumpian, Ernesto, Sewell, Joe and Greer, Don (colorist). Carrollton, Tex.: Squadron/Signal Publications. ISBN 0-89747-364-7
- ↑ Keskinen, Kalevi; Stenman, Kari; Niska, Klaus; Keskinen, Kalevi (1977). Venäläiset hävittäjät. Suomen ilmavoimien historia / Kalevi Keskinen; Kari Stenman; Klaus Niska. Helsinki: Tietoteos [u.a.] ISBN 978-951-9035-25-3.
- ↑ Green, William; Swanborough, Gordon (1977). Soviet Air Force fighters : Part one. London: Macdonald and Jane's. p. 13. ISBN 0-354-01026-3