Laxoso de Abaixo, Ponte Caldelas, Ponte Caldelas
Laxoso de Abaixo | |
---|---|
Parroquia | Ponte Caldelas |
Concello | Ponte Caldelas |
Coordenadas | 42°23′37″N 8°28′41″O / 42.3936415, -8.4781614 |
Poboación | 102 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Laxoso de Abaixo é un lugar da parroquia de Ponte Caldelas no concello pontevedrés de Ponte Caldelas, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE,[1] en 2022 tiña 102 habitantes (56 homes e 46 mulleres).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome desta pequena identidade local provén da grande abundancia de laxes (pedras) que existen no seu terreo. Un dos seus maiores atractivos son as vistas que ofrece cara ao alto do Pé da Múa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Limita ao norte con Aguasantas pertencente ao concello Cerdedo-Cotobade e cara ao leste co concello da Lama. Pódese chegar pola estrada PO-534 (Ponte Caldelas-Aguasantas) e sitúase a 3 km de Ponte Caldelas, capital do concello.
Por aquí discorre a ruta de sendeirismo das Almiñas e do Foxo do Lobo (Os pasos da Fraga).
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ponte Caldelas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ponte Caldelas no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) | |
---|---|
Caldelas | Ponte Caldelas | Laxoso de Arriba | Laxoso de Abaixo | Cuñas | Pazos | Gradín | Parada | Paradela | Sorreira |
Parroquias de Ponte Caldelas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.