Saltar ao contido

Leandro Carrillo Cabanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeandro Carrillo Cabanas
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Budiño, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xaneiro de 1948 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Moar, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, labrego Editar o valor en Wikidata

Leandro Carrillo Cabanas, nado en Budiño (O Pino) o 1 de xaneiro de 1908 e finado en Moar (Frades) o 30 de xaneiro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Labrego veciño de San Migueliño (Budiño). Enlace da guerrilla antifranquista, que tiña un acubillo no Castro de San Migueliño. Foi asasinado pola Garda Civil o 30 de xaneiro de 1948 entre A Garabanxa e O Barazón (Moar). Os veciños atoparon o cadáver e chamaron a Garda Civil, que ordenou o traslado a butilla da igrexa de Moar. Ao día seguinte apareceu o forense e e soterraron o cadáver no adro da igrexa de Moar sen a presenza da familia, que o estaba buscando.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Naveiro Ramos, e tiña cinco fillos: Carnen, Dolores, Raúl, Estrella e Manuel Carrillo Naveiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. pp. 94–95. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]