Manuel Pazos Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 (61/62 anos) Marzoa, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador |
Premios | |
| |
Manuel Pazos Gómez, nado en Marzoa (Oroso) en 1962, é un investigador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista universitario en Arquivística pola UNED. Foi un dos fundadores da Asociación Cultural Obradoiro da História de Ordes (1996). Colaborou no terceiro número de Segrel, a revista literaria da Terra de Ordes e na Guía turística do concello de Oroso. Foi responsable do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso e da edición da súa revista Memoria de Oroso. É investigador asociado externo na Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña[1]. Colabora en varias publicacións de ámbito xornalístico e cultural.
A principios de 2018 iniciou o proxecto de constitución da Colección de Arte Contemporánea da A. C. Obradoiro da Historia. No ano 2022 botou a andar "Acervo, acción cultural" realizando varios proxectos relacionados coa Museografía, Etnografía e recompilación de fotografías antigas no ámbito rural galego. Neste campo desenvolveu o proxecto do Centro de Cultura Tradicional do Concello de Frades (comarca de Ordes).
Obras
[editar | editar a fonte]- Os Camiños Antigos do Concello de Oroso. Guía do Antigo Camiño Real ou Inglés (1996).
- A Resistencia Antifranquista na Comarca de Ordes. Manuel Ponte Pedreira (1997).
- Achegamento á Segunda República en Ordes. Documentos (2001).
- Relatos de verán 2001. La Voz de Galicia/Ir Indo Edicións (2001); obra colectiva.
- Ordes. Crónica fotográfica do século XX (2002). Coautor con Daniel Pereiro López.
- Despois da Guerra (2003).
- Concello de Oroso. Guía Histórica en Imaxes (2004). Coautor con Daniel Pereiro López.
- San Martiño de Marzoa. Imaxes para o recordo (2007).
- O traque da Quenlla (2008); obra colectiva.
- A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952 (2011).
- A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo 1899-1979 (2014).
- Victorino Verea Montero. Imaxes contra o esquecemento (2015).
- Descrición do Camiño Inglés da Coruña a Compostela / The English Way A Coruña to Santiago de Compostela (2017). Coautor con Trese Barton.
- Os nomes do Terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron (2017); obra colectiva.
- Moncho Valcarce un dos inesquecibles (2018); obra colectiva.
- Chegadas, Saídas. O antigo camiño de ferro Santiago de Compostela - A Coruña (2020).
- As guerrillas galegas ao descuberto. Historia da resistencia fronte á Ditadura (2021); obra colectiva.
- Foron por elas. Mulleres represaliadas polo franquismo (2022); obra colectiva.
- A Música Represaliada. Unha foliada de memoria (2023); obra colectiva.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Moncho Valcarce pola Defensa da Terra (2005). Outorgado á A.C. Obradoiro da História pola Irmandade Moncho Valcarce.
- Premio Cunca das Artes 2008. Concedido á A.C. Obradoiro da História pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa (AAAGP).
- Recoñecemento especial á traxectoria no eido da cultura (II Gala da Cultura do Concello de Oroso, 2015).
- Mención de honra / Premio especial "Pazos de Galicia" (I Certame Internacional de Investigación do Camiño Inglés, 2016).
- Premio Galiza Mártir 2024, outorgado pola Fundación Alexandre Bóveda.
Notas
- ↑ "Equipa de Investigación – Cátedra de Memoria Histórica da Universidade da Coruña". Consultado o 2024-08-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do autor Arquivado 13 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
- Entrevista en Biosbardia
- "A 'República da Berxa', unha república de dignidade en Mesía", artigo en Praza Pública.
- "En Ordes, a represión foi proporcional á resistencia contra o golpe" Arquivado 05 de maio de 2018 en Wayback Machine., artigo en Sermos Galiza.