Led Zeppelin II
Led Zeppelin II | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Led Zeppelin | ||||
Publicado | 22 de outubro de 1969 | |||
Gravación | Xaneiro - agosto de 1969 | |||
Xénero(s) | hard rock, heavy metal, blues rock | |||
Selo(s) | Atlantic Records | |||
Produtor | Jimmy Page | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Led Zeppelin II, tamén coñecido co nome de The Brown Bomber, é o segundo disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin lanzado ó mercado o 22 de outubro de 1969. Neste segundo disco a grupo perfecciona máis as ideas xa amosadas no seu primeiro disco creando un disco con aínda máis acollida e é o que os consagra no mundo musical.
Circunstancias
[editar | editar a fonte]Gravado durante as súas frenéticas xiras europea e americana, entre os meses de xaneiro e agosto, en diferentes estudios de Gran Bretaña e Estados Unidos. Considerase un exemplo de Hard Rock, onde fan unha evolución do blues creando riffs, como os de "Whole Lotta Love" ou "The Lemon Song", e coros vocais que converteranse en referentes deste xénero, inspirando posteriormente a outros grupos como Deep Purple. Algúns ven neste disco incluso a orixe do Heavy Metal. Estas composiciós están perfectamente mesturadas con outras cun estilo máis blues ou folk.
A portada do disco é unha foto da División Jasta da forza aérea alemá durante a primeira guerra mundial na que as caras dos seus integrantes foron cambiadas polas dos integrantes do grupo e detrás aparece a silueta branca dun zeppelin sobre un fondo marrón, de aí o nome de The Brown Bomber
O disco tivo mellor acollida no mercado discográfico que o seu primeiro disco, chegando ó número 1 das listas de Inglaterra e dos Estados Unidos, quitando o primeiro posto neste país o disco dos Beatles, Abbey Road.
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]- "Whole Lotta Love" (Bonham/Dixon/Jones/Page/Plant) 5:34
- "What Is and What Should Never Be" (Page/Plant) 4:44
- "The Lemon Song" (Bonham/Jones/Page/Plant) 6:19
- "Thank You" (Page/Plant) 4:47
- "Heartbreaker" (Bonham/Jones/Page/Plant) 4:14
- "Living Loving Maid (She's Just a Woman)" (Page/Plant) 2:39
- "Ramble On" (Page/Plant) 4:23
- "Moby Dick" (Bonham/Jones/Page) 4:21
- "Bring It On Home" (Dixon/Page/Plant) 4:20
Créditos
[editar | editar a fonte]- Jimmy Page - Guitarra acústica, eléctrica, e pedal steel, vocalista secundario
- Robert Plant - Vocalista principal, harmónica
- John Paul Jones - Baixo, órgano, vocalista secundario
- John Bonham - Percusión, vocalista secundario
- Peter Grant - Produtor executivo
- Eddie Kramer - Enxeñeiro de son, mesturas
- George Chkiantz - Enxeñeiro de son (Cancións 1 e 2)
- Chris Huston - Enxeñeiro de son (Cancións 3 e 8)
- Andy Johns - Enxeñeiro de son (Canción 4)