Led Zeppelin IV
Led Zeppelin IV | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Led Zeppelin | ||||
Publicado | 8 de novembro de 1971 | |||
Gravación | decembro de 1970 - marzo de 1971 | |||
Duración | 42:25 | |||
Xénero(s) | Hard rock, heavy metal, folk rock | |||
Selo(s) | Atlantic Records | |||
Produtor | Jimmy Page, Peter Grant | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Led Zeppelin IV é o cuarto disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin, publicado no 8 de novembro de 1971, pola discográfica Atlantic. Non ten título aparecendo na portada soamente catro símbolos (ten a súa parte de misticismo e lenda) representado a cada un dos compoñentes de grupo. Popularmente coñécese como Led Zeppelin IV, tamén como ZOSO, Runes, Four Symbols, Four, Sticks ou mesmo Unnamed. Publicado tralo seu periplo polo folk rock que supuxo o seu anterior disco (o III), cunhas duras críticas por parte do xornalismo musical daquela.
Este LP publicado en 1971 supuxo un novo paradigma do seu acuñado hard rock, con riffs clásicos e demoledores como Jimmy Page sabía facer. O impacto de vendas non se fixo de rogar: 15 millóns de discos ó lanzarse o disco reafirmaban que Led Zeppelin aínda tiñan moito que dicir ó saturado mundo do Rock n'n Roll que comezaba a repoñerse da resaca da psicodelia.
Apuntamentos e referencias a mundos fantásticos de lenda, como no tema "The Battle of Evermore", no cal se poden atopar fragmentos do Señor dos Aneis, temas de alto contido sexual implícito (só hai que botarlle unha ollada á letra de "Black Dog") ou alegorizando o consumo de certas drogas (na canción "Misty Mountain Top" comentan como se fuman marihuana cuns hippies, para posteriormente teren un altercado coas forzas policiais). Son só algúns exemplos do vigor e frescor que tiñan, non só musicalmente.
Comentar asemade, que neste disco podemos atopar himnos acuñados por tódolos seguidores de Led Zeppelin no planeta: "Stairway to Heaven", "Rock and Roll" ou "When the Levee Breaks", malia ser un disco de tan só 8 cancións.
Listaxe de temas
[editar | editar a fonte]- "Black Dog" (Jimmy Page/Robert Plant/John Paul Jones) – 4:57
- "Rock and Roll" (Page/Plant/Jones/Bonham) – 3:40
- "The Battle of Evermore" (Page/Plant) – 5:52
- "Stairway to Heaven" (Page/Plant) – 8:03
- "Misty Mountain Hop" (Page/Plant/Jones) – 4:38
- "Four Sticks" (Page/Plant) – 4:45
- "Going to California" (Page/Plant) – 3:31
- "When the Levee Breaks" (Page/Plant/Jones/Bonham/Memphis Minnie) – 7:08
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lewis, Dave (1990). Led Zeppelin : A Celebration. Omnibus Press. ISBN 978-0-7119-2416-1.
- Lewis, Dave (2010). Led Zeppelin: The "Tight But Loose" Files. Omnibus Press. ISBN 978-0-85712-220-9.
- Lewis, Dave; Pallett, Simon (2007). Led Zeppelin: The Concert File. Londres: Omnibus Press. ISBN 978-0-7119-5307-9.
- Shadwick, Keith (2005). Led Zeppelin: The Story of a Band and Their Music, 1968–80. Backbeat. ISBN 978-0-87930-871-1.