Saltar ao contido

Ledesma, Salamanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLedesma, Salamanca
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°05′15″N 6°00′00″O / 41.0875, -6
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalLedesma (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.539 (2023) Editar o valor en Wikidata (10,9 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie141,22 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude768 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe do Carme Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Prieto González Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal37100 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE37170 Editar o valor en Wikidata

Páxina webayuntamientodeledesma.com Editar o valor en Wikidata

Ledesma é un concello da comunidade autónoma de Castela e León, na provincia de Salamanca, bañado polo Río Tormes.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situado a case 35 km ao noroeste da capital salmantina. Limita ao norte cos concellos zamoranos de Carbellino, Almeida de Sayago, Alfaraz de Sayago e Moraleja de Sayago, ó sur con Doñinos de Ledesma e Villarmayor, ó leste con Añover de Tormes e Juzbado e ó oeste con Villaseco de los Reyes e Gejuelo del Barro.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2017 tiña 1 688 habitantes, 837 homes e 851 mulleres (1 968 no 2010 e 1 954 no 2000).[2]

Gráfica de evolución demográfica de Ledesma entre 1996 e 2017
Fonte: INE.
Serie de poboación
(Fonte/s: INE)
Ano19981999200020012002200320042005200620072008200920102011201220132014201520162017
Poboación19891942195419131927188218691881186918761889192219681958190918041795177817671688
Mapa de Ledesma de 1867, feito por Francisco Coello.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Fortaleza.
Ponte Mocho.
  • Ponte medieval sobre o río Tormes, representado no escudo do concello.
  • Muralla, construída posiblemente na segunda metade do s. XII. Conserva unha das oito portas que tivo.
  • Fortaleza de Ledesma, construída na segunda metade do século XV.
  • Igrexa de Santa María a Maior, gótica dos séculos XV e XVI.
  • Ponte Mocho, de cinco ollos, con restos da antiga calzada romana.[1]

Etnografía

[editar | editar a fonte]

Entre as festas e celebracións destacan as do Corpus Christi, con procesión polas rúas medievais e encerros a cabalo, denominados aquí Espantos.

Rosquillas de Ledesma

Na gastronomía son típicas as rosquillas de Ledesma, feitas con ovo e fariña.[1]

Economía

[editar | editar a fonte]

Hai Gando vacún e algunha gandería de reses bravas.

Política e goberno

[editar | editar a fonte]

O alcalde é o popular José Prieto González.

Casa do concello.
Alcaldes desde as eleccións de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 ?
1983-1987 ?
1987-1991 ?
1991-1995 ?
1995-1999 ?
1999-2003 ?
2003-2007 José Prieto González   PP
2007-2011 José Prieto González   PP
2011-2015 José Prieto González   PP
2015-2019 José Prieto González   PP
2019-2023 n/d n/d
2023- n/d n/d

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]