Saltar ao contido

Villasdardo

Modelo:Xeografía políticaVillasdardo
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°00′16″N 6°09′47″O / 41.004444444444, -6.1630555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación23 (2023) Editar o valor en Wikidata (1,07 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie21,54 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude818 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataManuel Ríos Prieto Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal37468 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE37368 Editar o valor en Wikidata

Villasdardo é un municipio español da comarca de Tierra de Ledesma, na provincia de Salamanca, Castela e León.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O seu nome provén da lingua leonesa medieval, estando rexistrado no século XIII como Villares Sordo e no XV como Villares Dardo, derivando diso a actual denominación. Así, Villares traduciríase en leonés cun dobre significado: "pobos" ou "casas", sendo esta última a acepción máis axustada ao caso, descoñecéndose o significado da segunda parte do nome.

A fundación do actual Villasdardo débese aos reis leoneses, que fundaron esta localidade na Alta Idade Media. Posteriormente, no século XVI, foi señorío de Fernán Álvarez Abarca, médico real.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1920 1940 1960 1981 2000 2013
95 123 105 86 53 22 19

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Dolmen da Casa del Moro, con restos das estruturas da cámara e do corredor e que dan mostra da presenza humana no termo municipal dende a Prehistoria.
  • Igrexa da Nosa Señora da Concepción.
  • Ponte de lanchas xunto á poza de Peñas Albas.
  • Interesante arquitectura tradicional.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]