Saltar ao contido

Leftfield

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leftfield
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1989 - 2002
2010 - presente
Xénero(s)house progresivo, electrónica, trip hop, dub techno, house
Selo(s) discográfico(s)Infectious, Outer Rhythm, Rhythm King, Hard Hands, Columbia
MembrosNeil Barnes
Adam Wren
Sebastian Beresford
Antigos membrosPaul Daley
Na rede
leftfieldmusic.com
IMDB: nm1744614 Facebook: leftfield Twitter: Leftfield Instagram: leftfieldmusic Youtube: UCAMqK1z311E6vNxp-lThrPQ Souncloud: leftfield Spotify: 72hqBMsw7x5jnfxxwkii8L iTunes: 534250 Last fm: Leftfield Musicbrainz: 369fbad4-6fa4-4dae-9842-a69826cd359d Songkick: 17885 Discogs: 1866 Allmusic: mn0000813441 Deezer: 6646 Editar o valor en Wikidata

Leftfield é un dúo británico de música electrónica formado en 1989 por Neil Barnes e Paul Daley (este último anteriormente membro de The Rivals e A Man Called Adam). O dúo influíu na evolución da música electrónica na década de 1990, e Mixmag describiunos como "o equipo de produción máis influente que traballa na música dance británica".[1] Como moitos dos seus contemporáneos, como The Chemical Brothers e Fatboy Slim, Leftfield destaca polo uso de vocalistas convidados nas súas obras. Entre eles están Toni Halliday en "Original", Johnny Rotten en "Open Up", Djum Djum en "Afro-Left", Earl 16 e Cheshire Cat en "Release the Pressure", e Grian Chatten de Fontaines D.C. en "Full Way Round". O termo house progresivo foi cuñado para definir o seu estilo, unha fusión de house con dub e reggae.[2]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
Leftism 1995 Hard Hands
Rhythm and Stealth 1999 Hard Hands/Higher Ground
Alternative Light Source 2015 Infectious
This Is What We Do 2022 Virgin Music
  1. Frank Tope (febreiro de 1995). "Burn Bassbins Burn". Mixmag. 2 (45): 46-50
  2. "Release de pressure!". Melody Maker. 5 de decembro de 1992

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]