Saltar ao contido

Lei orgánica de educación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Lei Orgánica de Educación foi promovida polo goberno do PSOE e aprobada o 3 de maio de 2006 (publicada no BOE do 4 de maio) no Congreso dos Deputados de España co voto a favor de PSOE, CiU, ERC, PNV, ICV, CC e EA, co voto en contra do PP, e coa abstención de IU, BNG, ChA e NB.

Características

[editar | editar a fonte]

No seu preámbulo establece que ten como obxectivo adecuar a regulación legal da educación non universitaria (educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, de idiomas, artísticas, deportivas, e de persoas adultas) baixo os principios de calidade da educación para todo o alumnado, a equidade que garanta a igualdade de oportunidades, a transmisión e efectividade de valores que favorezan a liberdade, responsabilidade, tolerancia, igualdade, respecto e xustiza.

Está baseada na aprendizaxe por competencias, e inclúe as oito competencias básicas estipuladas no informe Chirac. Considérase que a educación debe contribuír ao desenvolvemento das habilitades persoais que permiten ao alumnado integrarse con éxito na vida adulta. Baséanse nun ensino interdisciplinar, práctico e significativo máis que na acumulación de coñecementos.

Derogou a Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo (1990). Á súa vez, foi modificada pola Lei Organica para a Mellora da Calidade Educativa de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]