Leila Nachawati
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Granada |
Actividade | |
Ocupación | académica, Activista polos dereitos humanos |
Empregador | Universidade Carlos III de Madrid |
Interesada en | Guerra civil siria |
Leila Nachawati Rego, nada en Santiago de Compostela en 1978,[1] é unha escritora e activista sirio-galega. É profesora de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid e é especialista en temas de Oriente Medio e África. Colabora con varios medios de comunicación estranxeiros como Global Voices Online, Global Voices Advocacy ou a emisora catarí Al Jazeera, e tamén medios españois como El Mundo ou Eldiario.es.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de pai sirio e nai galega, estudou filoloxía inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Viviu tres anos en Kansas (Estados Unidos) onde estudou crítica literaria. Trasladouse a Granada, onde se licenciou en filoloxía árabe e fixo unha mestría en Cooperación Internacional ó Desenvolvemento que puxo en práctica en Tetuán (Marrocos).[2] É profesora de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid, onde imparte clases de Xornalismo Internacional, Violencia nos Medios, e Comunicación e Participación Cidadá na Rede. Ademais comezou o seu doutoramento nesta mesma universidade. Nachawati fala galego, castelán, inglés e árabe.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Romero, Claudia (14 de febreiro de 2017). "“Siria es un espejo deformado de lo que se vive aquí: se es racista y fascista y nos lo tragamos”". La Voz del Sur. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2018. Consultado o 28 de novembro de 2018.
- ↑ Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (ed.). "Leila Nachawati". web.